luns, 21 de decembro de 2015

XA CHEGOU O NADAL!

Dende o Bibliocastelo queremos desexar a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e unhas Felices Festas. Para iso confeccionamos entre todas e todos esta fermosa postal que decora a entrada do cole.


Para elexir o lema que preside a postal, convocouse un concurso no que podían participar todas as familias. Tratouse dun gran reto, pois tiña que reflectir  a solidaridade coa xente que está a sufrir o terrible problema da emigración e ademáis tiña que facer referencia o proxecto deste ano, o Universo. Estamos moi satisfeitos co resultado acadado e queremos agradecer a participación de todos e todas que colaborastes nesta actividade.
O lema elexido foi o de Andrea Rial de 3º B :
"Por un Universo onde o Sol quente a todos por igual".
Parabéns a Andrea e a súa familia.
A elección non foi fácil, xa que había moitos lemas que recollían moi ben os requisitos esixidos. Por iso escollemos algúns deles para decorar o Bibliocastelo. Así enchemos a biblioteca de estrelas con fermosos desexos navideños. 
 










  
Se queres ler todos os lemas, e ademáis consultar recursos e actividades para o Nadal, preme na seguinte imaxe.  

http://enredemosapedra.blogspot.com.es/

domingo, 13 de decembro de 2015

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO

O pasado mes de novembro celebramos no Bibliocastelo o Mes da Ciencia en Galego. Co gallo desta celebración colocamos un expositor con libros científicos escritos en galego.


Ademais levamos a cabo diversos experimentos e traballos de investigación, relacionados co proxecto deste curso. Así os nenos e nenas de primeiro comprobaron os movementos de rotación e traslación da Terra e da Lúa.

 

Investigaron  sobre as fases da Lúa.



Comprobaron nunha caixa que fixeron con cartón as diferentes fases da Lúa.




Logo, con toda a información obtida cubriron unha ficha.






Ademais en diferentes  cursos, realizaáronse traballos de investigación de temática moi diversa, empregando a biblioteca como principal fonte de información. Por exemplo, os alumnos e alumnas de  cuarto investigaron a cerca das enfermidades.
Preme na imaxe para obter máis información desta actividade.  
                         
http://segundocicloapedra.blogspot.com.es/2015/11/investigando-enfermidades.html
 
 Os nenos e nenas de segundo, experimentaron cos sentidos. Preme na imaxe para saber máis da actividade. 

http://primeirociclonapedra.blogspot.com.es/2015/11/dia-da-ciencia-en-galego.html 

venres, 4 de decembro de 2015

CULTURGAL

Esta fin de semana (4, 5 e 6 de decembro) celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra, CULTURGAL, unha feira cultural na que os nenos e nenas son os grandes protagonistas. Este ano, haberá moita música, teatro, danza, libros e ciencia e  ademáis un espazo permanente para xogos e xoguetes tradicionais. Os máis cativos (entre cero e catro anos) poderán pasar un anaco divertido nunha BEBETECA (en forma de bosque dos sentidos) , un espazo multisensorial no que poderán explorar a través do tacto, vista . . .  
A entrada para menores de tres anos é gratuita , para os menores de doce anos custa un euro e para os adultos , dous euros.
 

http://culturgal.com/culturgal-2015-mellorando-a-experiencia-de-publicos-e-expositores/
 
Para consultar o programa e obter información, preme na imaxe.