Vimos de celebrar os días 10, 11 e 12 de novembro no Pazo da Cultura e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela o Congreso “ Bibliotecas Escolares en Tránsito”.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjwZZyWGon6nNpJA6AdBCpvKaRimOqutbY_CCltuB-IdN9VjIRJn-ElJg1eoZSWdDk0gvOqDVzdv-ZlcQNmfXUz2Y4rcSI8ip9Qr0bI799d7TRVNFGPix98LU5OZxVisMahWgd7rFLeLII/s320/2011-11-13_1556.png) |
Preme na imaxe para acceder á convocatoria |
Foi un tempo de aprendizaxe compartido con moitos compañeiros e compañeiras doutros centros: galegos, cataláns, andaluces, madrileños, estremeños, ceutís, … e que traspasou as fronteiras do noso país coa presenza de Constanza Mekis (Coordinadora de Bibliotecas Escolares no Ministerio de Educación de Chile) e da francesa Michèle Petit (Antropóloga e estudosa do mundo da lectura).
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhX5IRV7klcQ3tY70p664xOi56uvLNr5K6TyjRqxvIey8y9MWkIj7GY3stOeVLiKz947_qtWwE5n4Ybilw3JciZGHFssPG_XUD5WZRdy1Ini5Z1WlBjYrJrxQxMKyV3INkHF70SGiPdNY0/s320/SAM_0224.JPG) |
Punto de lectura habilitado no Pazo de Congresos |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgtkRyhbyLr3a9c_V8nB939ogJp9QHeE2EraBGkDmzuynwEdo0o55U0zubrDB0_3YpCI66uprfTxFFBfUglzlYIa8nN6CrWcfnRBX_yrVNKr8KbgQZILJodu2YZJPdabDjqJP4v-zoQ6Ts/s320/SAM_0219.JPG) |
Pazo de Congresos e Exposicións |
Inauguraron o Congreso o Conselleiro e o Ministro de Educación xunto con outras personalidades. Houbo mesas de debate, conferencias e experiencias simultáneas de centros educativos de Galicia, Cidade Real, Logroño, Cáceres, Teruel, Barcelona, Melilla e Murcia.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiTNeFE3uVCjcDdQ1pibtcMtEjU_vGpaV2AvtbB2yVIL0N0DiUU1uK-4BgWRprxvd1uMtIbTXgivchqxu5v3jZ-jCSLYsmjHghEkBTtIqtEyuojFw5KGgIabBTk4N9ZKOyf5avmJkSuRxs/s320/SAM_0235.JPG) |
Rosa Piquín, Puerto Menéndez e Juana Vázquez |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhsg5UuEvwQIxafuabBmQDolVY9x18SjywN5thtH8qRNEp4hNHfE-pgu5975Fi1mnsK8sinmGuDBKa1LiRqtf3DNPh_QcTOu-336UPtxNBHxfjSf6oabFd44-AO4MPBjs1tcRZ7dZtK010/s320/SAM_0226.JPG) |
Pilar Sampedro e Victor Freixanes |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgWZgTDGAyg6l-nXEvxd_YayoE1m150ijPnEUB-EPDh0h4qIXVPvZl9l5TOV_Zo_3iziqs19V8k9CEbFC0R96SHjw8xDmK1lMqS-VCkDRk8C_t7al6LD0yfJ8fe5zXdVEldDVbyzx1WeKc/s320/SAM_0215.JPG) |
Jaume Carbonell, Carmen Campos e José Antonio Cordón |
Todas as ponencias foron transmitidas en directo a través de internet e pódense ver neste enlace os materiais das mesmas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgLs1PkZI6hO-WlG1v1TQhAgJ25k6lGxBino-Hycsi_HzIwckMe9SQ5o64Jm6ooumirWchOIuHUravsXvmFsg90Nn79fDcW2wxcq1fvJD_G-aLJlSwn9kfcDd5jPYmUMn4JVul6SzH2E04/s200/2011-11-13_1741.png) |
Preme na imaxe |
Dende aquí quero agradecer á organización do evento o gran traballo realizado para acoller a tanta xente e en especial ás asesoras de bibliotecas escolares Pilar Sampedro e Cristina Novoa.