Hoxe é un día moi importante! Sabedes por que e dende cando se celebra o Día da Paz? Ollade o seguinte vídeo!
Xa me contaron que ao longo desta semana estivestes facendo unha morea de actividades para festexar esta data. Gústame moito a canción que estivestes traballando e que cantastes, O veleiro de verde de María Fumaca. Ademais está moi relacionado co proxecto deste curso "Comprometémonos co noso planeta".
Encántanme os veleiros verdes tan chulos que fixestes. Vouvos amosar algunhas fotos e vídeos que me enviaron as vosas mestras e mestres.
Se queredes ver a rapazada de 5º cantar a canción O veleiro verde, premede nas seguintes imaxes.
A continuación os vídeos de 2º
Tamén me contaron que Rosa, a intérprete de lingua de signos, ensinouvos a cantala nesta lingua.
A rapazada de 1º fixo unha magnífica interpretación en lingua de signos. Ollade!
Noraboa! Que gran traballo! Facédelo xenial! Grazas a Rosa pola axuda.
Gustáronme moito as actividades que realizastes para festexar o Día da Paz. Seguide así, traballando tan ben.
Hoxe é un día moi importante. É o Día Internacional da Educación. Esta data celébrase dende hai moi pouco tempo, concretamente naceu o 3 de decembro de 2018, cando a Asemblea Xeral da ONU decidiu crear un día internacional para celebrar o importante papel da educación para lograr a paz e o desenvolvemento.
Segundo a UNESCO "A educación é un dereito humano, un ben público e unha responsabilidade colectiva". A educación xoga un papel protagonista para conseguir un desenvolvemento sostible, a famosa Axenda 2030. Como moi ben sabedes o proxecto deste curso xira en torno aos 17 ODS. O obxectrivo 4 está dedicado a educación.
No cole ao longo desta semana ides traballar este obxectivo, e a mellor maneira de comezar é facelo cun libro.
"El lápiz mágico de Malala" conta a experiencia de Malala Yousafzai e a súa loita en prol da educación das nenas. A pesar de ser moi nova, xa leva moitos anos loitando para que as nenas, rapazas teñen o mesmo dereito á educación que os nenos.
Tamén vos aconsello que vexades a seguinte película, para ver as dificultades que teñen moitos nenxs para poder asistir á escola.
Espero que vos guste e vos serva para reflexionar sobre a sorte que tedes.
A educación é a clave para cambiar o mundo.
Lembrade e ter sempre presente as palabras de Malala:
"Un nenx, un mestrx, un libro e un lapis poden cambiar o mundo"
Hoxe tráiovos un vídeo que fixo a rapazada de segundo, facendo o seu propio programa Dígocho eu!Nel ensínannos vocabulario do Nadal. Tamén empregaron a técnica Croma, poñendo de fondo nas imaxes os debuxos que fixeron. Ollade!
Noraboa, un gran traballo! Moitas grazas por compartilo con nós!