sábado, 25 de novembro de 2023

25N - NELAS TEMOS QUE CRER

Para conmemorar o 25N DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, todo o alumnado participou na composición dun video a partir duns versos octosílabos que cada aula foi creando, facendo referencia a esta data sinalada.


O produto final foi aderezado por Elsa a nosa fantástica profe de música que se encargou da melodía e da gravación en distintos espazos do centro. 


Ademais o alumnado de 2º reivindicou a construción da convivencia entre as persoas cunha actividade na que coñeceron a historia de mulleres que loitaron polos seus dereitos e cantaron unha canción moi significativa "La puerta violeta! de Rozalén. 

Preme na imaxe para saber máis

NORABOA A TODXS!!! 
UN TRABALLO EXCELENTE!!!




martes, 21 de novembro de 2023

EXPERIMENTANDO COS SENTIDOS

Co gallo do mes da ciencia en galego, o 20 de novembro, o alumnado de 2º de primaria achegouse ao espazo cientifico do noso Bibliocastelo para experimentar cos sentidos.

Coas profes Rosa e Marta probaron e trataron de adiviñar diferentes sabores e olores. Tamén tocaron o alfabeto Braille e deixaron a súa pegada dixital nun papel. Ademais xogaron a descubrir obxecto só usando o sentido do tacto. 

Preme na imaxe para acceder ao video

QUE BEN O PASARON E CANTO APRENDERON!!!


martes, 14 de novembro de 2023

LA PRINCESA REBELDE

O xoves 9 de novembro as miñas axudantas Paula, Lola, Noa, Alba e Kidist animaron o chuvioso recreo coa historia de "LA PRINCESA REBELDE" de Ana Kemp. Un conto diferente cunha princesa á que lle gustan as aventuras, facer trasnadas e que ten uns amigos pouco habituais.

Convidaron ao alumnado de 2º de primaria e tivo tanto éxito que organizaron unha segunda quenda para a seguinte semana:



O luns 12 os convidados foron os nenos/as de 1º e a representación volveu ser todo un éxito:




MOITAS GRAZAS RAPAZAS!!! SODES FANTÁSTICAS!!!



venres, 10 de novembro de 2023

OS RÍOS DE GALICIA

Co gallo do MES DA CIENCIA EN GALEGO o venres 10 tivemos un obradoiro impartido por persoal de AUGAS DE GALICIA.

Primeiramente a científica da auga explicou as normas que se seguen normalmente nun laboratorio, e as que tería que seguir o alumnado durante a charla. Despois visionamos un conto onde coñecemos a Xistra, Unha gota de auga que foi a protagonista das actividades que realizamos.

Grazas a ela coñecemos a importancia de non construir nas beiras dos ríos e non desviar o seu cauce, xa que iso pode traer como consecuencia moitas das inundacións coma as que estamos a vivir estes días en Galicia e outros lugares de España, e que tamén observamos en diversos vídeos. 


Por outra banda, aprendemos a identificar as partes máis importantes do curso do rio e as fases do ciclo da auga, mediante unha maqueta e a axuda dalgúns voluntarixs.


Por último, realizamos un experimento con auga e fabas que nos axudou a comprender como os nutrintes se suxeitan á Terra, e fomos quen de contestar con pingas vermellas e verdes ás preguntas que fixo a científica.



Se premedes nas imaxes anteriores poderedes acceder a un pequeno video onde se visualiza o experimento.


mércores, 1 de novembro de 2023

LENDO CIENCIA NO BIBLIOCASTELO

Arrancamos o mes de novembro coa nosa exposición de libros sobre CIENCIA EN GALEGO


E unha cesta chea de libros con ideas para facer experimentos interesantes.

O alumnado de 6º foi o primeiro en facer unha sesión de consulta e lectura dos exemplares expostos, durante a súa hora de biblioteca



E agora agardo con moito interese as súas experimentacións no espazo científico e tamén os do resto dos compañeiros/as do cole.