xoves, 24 de febreiro de 2022

CELEBRANDO A ROSALÍA

Ola amiguiños/as,  non sei se xa o sabedes pero a investigadora Sagrario Abelleira vén de facer público o achado duns documentos que alteran o que sabiamos sobre Rosalía de Castro, agora a data de nacemento da escritora ten que situarse no día 23 de febreiro de 1837, e non o día 24, como até o de agora se pensaba.

Menuda novidade!!! Para saber máis deste tema preme AQUÍ

Xa souben que estivestes aprendendo moitas cousas sobre ela e tamén que vos estivestes divertindo coas actividades que programamos dende a escola. 

Para que vexades todo o que estivermos facendo na escola aquí vos deixo unhas ligazóns:

MÉRCORES ROSALÍA 4º INF

O DÍA DE ROSALÍA 5º INF

O QUE SABEMOS DE ROSALÍA 6º INF 

O DÍA DE ROSALÍA 6º INF

DÍA DE ROSALÍA 1º

DECORANDO MUROS 2º 

RECITANDO A ROSALÍA 2º 

MURAL DE ROSALÍA 3º 

ROSALÍA 2022

PINTANDO A ROSALÍA 4º 

CONMEMORACIÓN DE ROSALÍA 4º 

DÍA DE ROSALÍA 6º

 

martes, 8 de febreiro de 2022

NOVIDADES

 Hola amiguiñxs:

Vouvos contar unha noticia que me encheu de ledicia. Acábase de publicar o segundo libro-disco de Víctor Castro, que é o autor e intérprete da miña canción, a canción de Papirus. O título é Un día con papá, os textos son da escritora Fina Casalderrey, as ilustracións de Paula Andrade e de Edicións Embora.

A canción número 6 A banda da lura Pilar, cantada pola profe Marta, fala dos meus amigos Catro Ollos, da lura Pilar, de Lía, Don Trebón e tamén de min. Ollade!



No Bibliocastelo temos varios exemplares deste libro para que poidades gozar del. Espero que vos guste. A min encántame!

Biquiños




domingo, 6 de febreiro de 2022

OBRADOIRO DE GUIÓNS DE RADIO

 Ola amiguiñxs:

A rapazada de 4º estivo realizando ao longo desta semana un obradoiro sobre guións radiofónicos, impartido por Denís de Radioespora. Primeiro comezou falándolles da importancia da radio como medio de comunicación, como a pesar de todos os avances tecnolóxicos e das redes sociais a radio segue empregándose. Logo ensinoulles como facer guións (imprescindibles en todo programa de radio). Comentoulles tamén a necesidade de ter unha boa dicción, falar con voz clara, cun ton e unha entonación axeitada... Tamén do papel importante da música, escoller unha boa banda sonora, empregar efectos especiais, etc.

A continuación, a través dun remuíño de ideas, cada equipo elexiu o tema do guión que ía  elaborar e logo puxéronse mans á obra! Escribiron os seus guións e finalmente foron á emisora a gravar os resultados. Ollade o ben que o pasaron!  

Os resultados deste obradoiro foron fantásticos. Xa son uns profesionais! Escoitade!


Noraboa, un traballo fantástico!

Biquiños


martes, 1 de febreiro de 2022

Representación teatral


Ola, amiguiños.
Estou moi contento co labor que están a levar a cabo os meus axudantes da Biblio.
Nesta ocasión, a través dunha pequena representación teatral Inés, Iván e Sara quixeron amosarnos valores moi importantes a ter en conta no noso día a día.
Esta obra, creada por eles mesmos, está feita con moita ilusión e entusiasmo. E nela lémbrannos a importancia do respecto.
Que a gocedes!