venres, 29 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO

Co gallo do Día do Libro, ao longo desta semana levamos a cabo varias actividades  relacionadas con esta data :
 CERVANTES
Para conmemorar o 4º centenario do pasamento de Miguel de Cervantes, desenvolvemos varias actividades destinadas a coñecer a relevancia deste escritor para a literatura española  :
 
* Exposición no Bibliocastelo de diferentes adaptacións da súa novela máis universal, "Don Quijote de la Mancha".

 
* Lecturas dramatizadas de fragmentos máis significativos.
 
* Elaboración de muráis a gran escala dalgúns dos seus personaxes máis coñecidos. Ollade que ben traballaron os nenos e nenas de infantil !



En primaria tamén os fixeron.



 
* Visualización dun fragmento do primeiro capítulo de "Don Quijote", para comentar as características das expresións propias da época.
 
* Realización de actividades interactivas a través de diversos blogs.
 
* Visita ao IES Johan Carballeira dos alumnos e alumnas de sexto para realizar diversas actividades relacionadas con Cervantes. Cubriron un cuestionario con preguntas sobre "El Quijote" cuxas respostas tiñan que atopar nos paneis da exposición que había sobre dito escritor. Despois asistiron a unha representación teatral dun fragmento de "Don Quijote". Tamén opinaron sobre esta obra e as súas opinións as colocaron nun panel da exposición. 
 
INVESTIGACIÓN SOBRE JULES VERNE
Na hora de biblioteca a rapazada, desde infantil ata sexto de primaria investigou sobre a vida e obra  do célebre escritor de ciencia-ficción, Jules Verne. Logo sintetizaron  nunha ficha (adaptada a cada nivel) toda a información obtida nas súas pescudas. Mentres uns buscaban información nos ordenadores, outros xogaban cun loto de memoria que confeccionamos cos títulos das obras de Verne. Este xogo tamén está adaptado por niveis, os máis cativos asociaban a imaxe da portada con outra imaxe igual e os maiores, imaxe con etiqueta, traballando así a formación de usuarios.



 
OBRADOIRO "MARCAPÁXINAS ESPACIAL"
Na hora do recreo, todos os días desta semana, realizouse no Bibliocastelo un obradoiro de marcapáxinas. Encargáronse de levar a cabo e organizar esta actividade os alumnos e alumnas de sexto que colaboran coa biblioteca. Tamén contaron coa axuda do grupo de mamás colaboradoras.
Foi unha actividade voluntaria e acudiu todo o alumnado que quixo. Cada un decorou o seu marcapáxinas ao seu gusto.




Velaí tedes o resultado!
 
Foi unha semana moi, pero que moi intensa!!!
 

mércores, 27 de abril de 2016

CONTACONTOS NA GALESCOLA

Onte, dúas colaboradoras da biblioteca, Luna e Antía foron a Galescola a contarlles un conto aos cativos e cativas.
 
Representaron co Kamishibai unha adaptación do conto de Carapuchiña Vermella, que elas mesmas realizaron coa axuda doutros axudantes de Papirus.
 



Fixeron dúas sesións : unha para os bebés e outra para os nenos e nenas de dous anos.
Quedaron abraiados co Kamishibai.
 
Tiveron unha colaboradora moi especial, Candela, que non se separou nin un momento delas. Tamén quería contar un conto e intentouno. Ollade as imaxes!



Quería marchar con elas para o cole dos maiores.
 
Gustoulles moito o conto, quedaron con ganas de máis e ao rematar gritaron: outro, outro!!!
Despedíronnas con moitos bicos.
Elas, prometéronlles que ían volver con máis historias. Quedáronlles ganas de repetir, xa que foi unha experiencia incrible e moi satisfactoria.


 



xoves, 21 de abril de 2016

CONTACONTOS ESPECIAL

Hoxe, na hora de ler, no Bibliocastelo, tivemos unha visita moi especial.

 
Mateo de 1º A presentounos a Marta, a súa mamá que nos contou dous dos seus libros preferidos :
"Quiero una mamá robot" da editorial Laberinto. Un libro chulísimo cunha entrañable historia. A medida que vas escoitando o conto vas cambiando de parecer, así ao principio todos queríamos ter unha mamá robot como a do libro pero logo...vai ser que non! Preferimos ás nosas mamás!!
 

 
 Logo contounos "Perdido?" da editorial Patadepeixe. Este libro trata dun pingüín que se sentía moi só e viaxou dende a Antártida na procura de amigos. Ao final conseguiuno!
 
 
 
 
Dende aquí queremos darlles as grazas a Mateo e a Marta por compartir con todos nós os seus libros favoritos. 
 

 
MOITAS GRAZAS!

 
 

xoves, 14 de abril de 2016

FAMILIAS COLABORADORAS

Este curso temos a gran sorte de contar coa axuda de varias mamás que colaboran coa biblioteca. Grazas a elas pódense levar a cabo actividades que sen a súa axuda sería impensable realizar. Confeccionan muráis, aportan materiais e ideas interesantísimas, preparan e realizan contacontos aos  alumnos e alumnas, etc.
Os interesados e interesadas en colaborar poden acudir os martes pola tarde ao Bibliocastelo, que é cando nos reunimos. Seredes todos e todas benvidos.
 Confeccionando as letras do mural de Rosalía de Castro

 Facendo e recortando as letras do mural da prensa

 Preparando os astronautas

 Realizando o foguete para o photocall do espazo
 Posando sobre o panel que serve de fondo ao photocall
 Facendo un simulacro de photocall espacial
UNHA GRAN OBRA!

MOITÍSIMAS GRAZAS É UN PRACER TRABALLAR CON VÓS!

mércores, 13 de abril de 2016

RECREOS DE CONTO

Hoxe no recreo, os encargados desta semana da biblioteca e axudantes de Papirus, Hugo Freire, Aitor e Ángel, agasalláronnos cun fermoso conto, "A que sabe a lúa".
 
 
  
 
Moitas grazas rapaces, fixéstenos pasar un divertido recreo.
 

martes, 12 de abril de 2016

ROSALÍA GALÁCTICA

Para conmemorar o Día de Rosalía (24 de febreiro), realizamos unha actividade chamada "Rosalía Galáctica", relacionando deste xeito o proxecto que estamos desenvolvendo este curso (o espazo) coa figura da nosa ilustre escritora.
A actividade consistiu en que cada curso elaborara de forma conxunta unha historia, un conto no que a protagonista fose Rosalía e ademáis a trama tiña que desenvolverse en calquera lugar do universo (na lúa, en marte...). Cada clase fixo un, agás os de quinto que o fixeron por grupos. Este foi o resultado.

Despois con todos os traballos confeccionamos un mural que titulamos :
                        "no bico un cantar
                         nas estrelas un contar".
Os alumnos e alumnas de 2º encargáronse da decoración do mesmo, por medio dunha actividade chamada "A nosa estrela Rosalía", que consistiu en dibuxar a Rosalía dentro dunha estrela que logo decoraban. Quedaron chulísimas! Ollade, así foi como quedou...




Ademais de contos tamén houbo receitas espaciais.


Os alumnos e alumnas de infantil tamén participaron na actividade, realizando entre todos un fermoso conto colaborativo co título : "A viaxe de Rosalía".


Un gran traballo! Noraboa a todos e todas!