Co gallo do Día de Rosalía de Castro o alumnado de 4º de primaria recitou o poema "Campanas de Bastabales" e o de 2º de primaria fixo unha recopilación de datos sobre a vida e obra de Rosalia a modo de entrevista na nosa radio "A voz da Pedra"
Co gallo do Día de Rosalía de Castro o alumnado de 4º de primaria recitou o poema "Campanas de Bastabales" e o de 2º de primaria fixo unha recopilación de datos sobre a vida e obra de Rosalia a modo de entrevista na nosa radio "A voz da Pedra"
Queridos/as amiguiños/as:
Cantas cousas estades a aprender sobre os XOGOS OLÍMPICOS!!! Nesta ocasión os TRASNOS aprenderon outra das sinais de identidade das OLIMPÍADAS: A MASCOTA.
Para que se puxeran en marcha envieilles unha video-mensaxe dende Paris cunha nova misión:
PREME NA IMAXE |
O alumnado de 5º de primaria contou cunha visita fantástica e da que gozou moito: DAVID GÓMEZ que é un deportista que ten unha ampla carreira no mundo do fútbol e que, nos últimos anos, se dedica a ser adestrador. Ademais de adestrar a equipos da nosa vila, estivo no corpo técnico dos equipos base do F.C. Barcelona e, actualmente, está co-liderando a SELECCIÓN DE FÚTBOL DE BANGLADESH.
Queridos/as amiguiños/as:
Quero darvos os PARABÉNS por todas as actividades que estades levando a cabo nas aulas para lembrar o nacemento da nosa ROSALÍA.
Recitando poemas e facendo ilustracións a partir deles:
Debuxando a Rosalía:Co gallo do noso proxecto sobre as olimpiadas e o deporte, a rapazada de 4º recibiu esta semana a visita de 3 membros do clube de atletismo de Bueu, Corredoiras.
Falounos dos valores do deporte: Tenacidade, Superación, Compañerismo, Esforzo ...
Contounos que practicar o atletismo é moi sacrificado para el e para a súa familia porque se pasa moitas horas adestrando. Pola contra este deporte permitiulle coñecer a moita xente e diferentes lugares.
Gústalle ir ás maratóns e adoita facelo unha vez ao ano.
O maratón de Sevilla rematouno cunha marca de 2 horas e 30 minutos! UNHA MARCAZA!
Mostrounos as zapatillas coas que corre. Puidémolas tocar e comprobar que eran moi lixeiras
Por último, agasalláronnos con camisetas, tazas e asinaron autógrafos ademáis de sacarse unha foto de grupo. Foi unha aprendizaxe fantástica!!!
Hoxe viaxamos con eles ao corazón de África através da fábula para afrontar as dificultades dende a calma e a tranquilidade. Boniface contou e cantou e Marc pintou a historia de "O elefante que perdeu un ollo"
Nunha nova edición dos RECREOS DE CONTO, este xoves tivemos a sorte de contar no BIBLIOCASTELO cunha representación adaptada do conto clásico “Os 7 cabritos”
Paula, Alba, Lola, Kidist, Noa, Uxía e Saray, axudantes da biblioteca escenificaron a historia dos 3 cabritos para o alumnado de 2º de primaria.
Neste video podedes ver o boas actrices que son e o gran traballo de preparación que fixeron. NORABOA RAPAZAS!!!