sábado, 30 de marzo de 2013

TRABALLANDO CON VIOLETA

Nestas dúas presentacións podedes ver os fermosos traballos que fixeron os rapaces e rapazas do Primeiro ciclo despois de ler os libros de Violeta Monreal da colección "PREGUNTAS PARA MENTES DESPIERTAS" 
Os nenos e nenas de 1ºB leron "¿QUE TE GUSTARÍA INVENTAR?" e despois cada un deseñou o seu propio invento, contáronnos cal é segun eles o mellor invento do mundo e cal é o que non debería existir:
Os rapaces e rapazas de 1ºA leron "QUE ANIMAL TE GUSTARÍA SER?" e despois contáronnos que animal lles gustaría ser a eles, tamén recordaron anécdotas que lles aconteceron con animais e formularon preguntas curiosas que lle farían a un experto en animais:
Os alumnos e alumnas do segundo ciclo coñeceron a PAMELA PANAMÁ, a protagonista das historias que se contan nos libros de Violeta que estiveron lendo "PAMELA PANAMÁ YA NO CREE EN CUENTOS DE HADAS" e "PAMELA PANAMÁ Y EL HECHIZO FINAL" Como lles gustaron moito os debuxos de Violeta decidiron imitala e o resultado foi espectacular:






sábado, 23 de marzo de 2013

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O día Mundial do Teatro creouse en  1961 por iniciativa do Instituto Internacional de Teatro (ITI) e vense celebrando dende entón todos os anos.
MENSAXE DE DARÍO 

Para conmemoralo realízanse distintos actos pero o que ten máis sona é a MENSAXE INTERNACIONAL, na que unha persoa de gran importancia no mundo teatral é convidada a compartir as súas reflexións sobre o teatro, para despois traducilas a máis de vinte idiomas e espallalas por todo o mundo.


Este ano a MENSAXE é do actor italiano, escritor de obras teatrais e premio Nobel de Literatura no ano 1997, DARÍO FO.


Aló por outubro comenzamos no noso cole un proxecto relacionado co mundo teatral "QUE SUBA O PANO" en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES
A nosa pretensión é achegar o teatro a escola e como punto de partida acollemos, a principios deste curso, na biblioteca unha exposición de libros de teatro moi especial.

RELACIÓN DE PUBLICACIÓNS
Trátase da exposición itinerante "FONDO TEATRAL MARÍA CASARES" que é unha colección de fondos, resultado do convenio asinado no ano 1995 entre o concello de Cangas, a compañía de "TEATRO DE NINGURES" e a "REVISTA GALEGA DE TEATRO" e que se atopa na Biblioteca Central de Cangas. 



Para saber máis desta exposición que está a percorrer agora varios centros da comarca do Morrazo accedede ao blog do proxecto "QUE SUBA O PANO!"

BLOG DO PROXECTO
Outro dos obxectivos do proxecto é elaborar un arquivo con información sobre textos teatrais axeitados para nenos e nenas: ARQUIVO FTMC

ARQUIVO FTMC
OBRADOIRO LITERARIO
Dentro das actividades que estamos a facer no centro relacionadas con este proxecto destacar a que se levou a cabo no Obradoiro Literario de Nadal "O ABETO" para a que se tomaron como referencia algúns dos libros da exposición. Nesta actividade conxugamos os dous proxectos: os contos clásicos e o teatro.



Para conmemorar o próximo 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, os rapaces e rapazas de primeiro foron actores en prácticas nunha actividade na que trataban de expresar distintos sentimentos e emocións a través das expresións faciais. O espectacular resultado forma parte dun mural que se atopa exposto na entrada do cole e que se pode ver neste video.

venres, 22 de marzo de 2013

OLIVER BUTTON É UNHA NENA


Hoxe pola mañán recibimos no Bibliocastelo a un grupo de alumnos e alumnas do Colexio A Milagrosa de Bueu que representaron o conto OLIVER BUTTON É UNHA NENA para os rapaces e rapazas de primeiro e segundo de primaria.

A Oliver non lle gusta xogar ao fútbol coma aos outros rapaces do seu colexio, por iso lle chaman "nenaza" pero el vailles ensinar que os nenos tamén poden facer outras cousas divertidas ademais de xogar ao fútbol.



xoves, 21 de marzo de 2013

O CARBALLO CON BOTAS

Neste 21 de marzo Día da árbore os nosos rapaces e rapazas de infantil tiveron unha visita moi especial. Premede no libro do CARBALLO CON BOTAS e veredes o que aconteceu, esta mañán, na biblioteca de infantil.


sábado, 16 de marzo de 2013

CONCURSO "VIÑETA E ILUSTRACIÓN"

Como todos os anos o alumnado do 3º ciclo participou no concurso de VIÑETA E ILUSTRACIÓN que convoca o Concello de Bueu dentro das actividades que organiza para conmemorar o 8 de marzo Día da Muller Traballadora. Nesta presentación podedes ver algún dos traballos presentados polo noso alumnado.



xoves, 14 de marzo de 2013

RECITANDO A ROSALÍA

Xa temos os resultados do recital compartido que fixemos no cole a partir do libro Cantares Gallegos de Rosalía. Cada grupo memorizou un poema que despois recitou e velaquí están os videos co resultado obtido: 
O máis pequeniños escolleron o poema "HAS DE CANTAR"




Os nenos e nenas de primeiro recitaron "ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES"



Os rapaces e rapazas de cuarto escolleron "VENTE RAPAZA, VENTE MENIÑA" e  " VÁLGATE DIOS"





Os alumnos e alumnas de terceiro aprenderon "QUÍXENTE TANTO MENIÑA" e "QUE TEN O MOZO?"




Os rapaces e rapazas de quinto recitaron "SAN ANTONIO BENDITO" e  " PASA RÍO, PASA RÍO"



E os maiores do cole tamén quixeron homenaxear a Rosalía. Así os nenos e nenas de 6ºA recitaron "CANTARTE HEI, GALICIA" e os de 6ºB "AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES, AIRIÑOS DA MIÑA TERRA"

mércores, 13 de marzo de 2013

CIRCUITOS DE CONTO

O noso alumnado de sexto, co seu bo facer, acaba de preparar unha exposición un tanto especial, onde se conxugan as ciencias e os contos clásicos. A proposta da mestra de coñecemento foi facer un circuito eléctrico tomando como referencia os contos clásicos e os seus personaxes e velaquí están os fantásticos resultados obtidos.




domingo, 10 de marzo de 2013

ENCONTROS BIBLIOTECAS 2013

Acabados de  chegar dos Encontros de Bibliotecas celebrados en Santiago de Compostela os días 7 e 8 de marzo e aínda reflexionando sobre todo o que alí se dixo (que non foi pouco) vou facer uns pequenos apuntes do que aconteceu.


Houbo un pouco de todo e ben repartido, Conferenciantes da talla de:

  • José Antonio Camacho Espinosa (profesor responsable de Biblioteca escolar en varios centros, licenciado en documentación e doutorado sobre bibliotecas escolares) que nos falou do papel da biblioteca como espazo privilexiado para a lectura e para aprender a usar e producir información nun contexto natural.
  • Anna Blasco Olivares (Profesora e Documentalista catalana) que tratou de explicarnos como podemos preparar ao noso alumnado para ser cidadáns competentes ante tanta información que reciben.
  • Josep Manuel Pérez Tornero (Catedrático de Xornalismo e Ciencias da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona e Catedrático e Consultor da UNESCO entre outras moitas cousas) contounos que nos últimos tempos, os novos medios e as redes sociais estanse a erixir en grandes continentes da nosa existencia, no traballo, na vida, nas relacións sociais e nas lecturas... Os espazos de relación amplíanse e globalízanse.

  • Agustín Fernández Paz que é un dos escritores máis coñecidos e valorados, autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos a lectores infantís ou xuvenís, con moitos premios no seu haber. Tamén é un gran impulsor de movementos de renovación pedagóxica e normalización lingüística. Tivemos a sorte de telo no noso centro hai uns anos e resultou unha experiencia inesquecible. Da súa intervención nos encontros, que foi marabillosa, falounos, entre outras moitísimas cousas, da nosa función, como mestres, de mediadores para que se produza o encontro dos nenos/as cos libros e de espertar neles a fame polas historias, de abrirlles perspectivas novas e amosarlles unha variada proposta de lecturas.   

Por outra banda foron moitas as experiencias de traballo nos centros que se expuxeron, a pena foi non poder asistir a todas, pero como había que escoller, penso que a miña elección non foi desacertada. 
Dentro das Experiencias simultáneas asistín na sala Compostela á intervención de Antonio Rodríguez Menéndez (Actor, Director, Dramaturgo e Profesor no Teatro Estudo Tuzla, Profesor de español como lingua estranxeira e que tamén, imparte clases de escritura creativa. Fundou a Escola de Lectura de Madrid, da que deriva o Proxecto Farenheit 451) Falounos dos seus taller "La mirada que respira" e de como hai que entregar as palabras e non soltalas ao aire, empregando a Palabra Vinculada ou Palabra de Chocolate Fundido. Explicounos que para que as cousas existan temos que miralas e respiralas por iso debemos ler respirando para que o receptor exista. 


E finalmente tamén tivemos reunións por zonas ou micro-redes para intercambiar experiencias, reflexionar, facer propostas de futuro e colaboracións entre os centros. 
Foron momentos de compartir, escoitar, aprender e volver para o cole coa maleta cargada de novas ideas e ilusións.
Podedes acceder aos materiais das xornadas a través da páxina de BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O Gabinete Comunicación y Educación fíxose eco destes encontros.


sábado, 9 de marzo de 2013

COCIÑANDO COS LIBROS

Helena, unha nena de 1ºB levou un día en empréstito para a súa casa este libro titulado ¿Como se hace el queso?



Na casa non só o lerón senón que o puxeron en práctica e o resultado foi un queixo riquísimo como se pode ler e ver no blog do primeiro ciclo se premedes nesta imaxe.


Eu sei que estaba moi bo porque tamén me trouxeron a proba á biblioteca, por iso quero contalo aquí e darlle as grazas pola súa iniciativa, a ela e a súa familia.

mércores, 6 de marzo de 2013

ENCONTROS DO PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Mañán xoves, 7 de marzo, empezan os Encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 2013 en Santiago de Compostela para os centros de nova incorporación, e que continuarán o venres día 8 de marzo, sumándose o resto dos centros, facendo un total de 504 responsables de Bibliotecas Escolares. 
Este ano farase fincapé na función das Bibliotecas Escolares como COMPENSADORAS DE DESIGUALDADES SOCIAIS. 
Se queredes saber máis premede na imaxe onde atoparedes entre outras cousas un enlace ao programa das xornadas.
O noso centro participa como relator o día 7 cunha presentación sobre a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE desde a Biblioteca.

venres, 1 de marzo de 2013

A TODA MÁQUINA

Con este título arranca mañán o XIV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2013 de Pontevedra. 
Do 2  ao 23 de marzo poderedes gozar coas actividades, exposicións e obradoiros que alí atoparedes.
Se queredes saber máis sobre este evento ou consultar o programa de actuacións preme na imaxe.