luns, 29 de marzo de 2010

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

O Día Internacional do Libro foi promulgado pola Unesco para fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor (copyright).
A elección do día 23 de abril para a súa celebración procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso da Vega no ano 1616, aínda que realmente non fose no mesmo día.
No 2001 a iniciativa da UNESCO nombrouse a Madrid Capital Mundial del Libro. Dende entón cada 23 de abril, diferentes capitais de países do mundo van recollendo este honor, realizando durante o ano diferentes actividades culturais relacionadas cos libros.

No 2002 ocupou o posto Alexandría, Nova Delhi no 2003, Amberes no 2004, Montreal no 2005, Turín no 2006, Bogotá no 2007, Amsterdam no 2008 e Beirut no 2009.
A partires do 23 de abril de 2010 Ljubljana será a capital mundial do libro.
Este é o cartel deseñado este ano para conmemorar este día, ven escrito en dous idiomas francés e inglés.




Preme na imaxe






ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES




Os días 15 e 16 de abril vanse celebrar en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, 2009/2010. A estes encontros están convocadas as persoas responsables das 299 bibliotecas escolares incluídas no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O noso colexio este incluído no PLAMBE dende hai tres anos por iso asistiremos un ano máis a esta xuntanza. Para que teñades máis información remítovos á páxina de bibliotecas escolares premendo na imaxe de arriba onde tamén poderedes ver o programa de conferencias.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de abril celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL para conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Cada ano é un país membro do IBBY (International board on books for young children) o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo.
Este ano a súa elaboración correspondeulle á OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil) por celebrarse o Congreso do IBBY en Santiago de Compostela. O manifesto pola lectura é obra do escritor ELIACER CANSINO e o cartel da ilustradora NOEMÍ VILLAMUZA.



Preme na imaxe e poderás ler á mensaxe

O lema do cartel é "UN LIBRO TE ESPERA: ¡BÚSCALO!" Neste enlace podedes ler o manifesto deste ano. Na páxina de bibliotecas escolares amplíase esta información



luns, 15 de marzo de 2010

CONCURSO DE VIÑETAS "MULLER E TRABALLO"

Dende hai xa uns anos, os nosos alumnos do 3º ciclo participan no IV Concurso de Viñeta e Ilustración "A igualdade no traballo" convocado polo concello de Bueu, dentro das actividades organizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Entre os premiados recibiron unha mención especial estes dous nenos do noso colexio. A nosa NORABOA aos dous!!!


Estas son as fotos do acto de entrega de Premios no Concello que recolleron de mans do xurado e que estaba presidido polo alcalde de Bueu, Félix Júncal.



Gustaríavos ver algúns traballos máis? Pois aquí os tendes.




domingo, 14 de marzo de 2010

O TINTEIRO DE PAPIRUS

Xa temos novo xornal e fai nada máis e nada menos que o nº 5 ! Nel podedes atopar todas as novas, traballos, fotos, celebracións... que teñen relación co noso cole. Esperamos que vos guste e disfrutedes lendo xa que está feito por toda a comunidade escolar con moito esforzo e outro tanto de agarimo.

sábado, 13 de marzo de 2010

UN ÚLTIMO ADEUS A MIGUEL DELIBES

Preme na foto para saber máis

Onte , venres 12 de marzo, faleceu Miguel Delibes na súa casa de Valladolid aos 89 anos de idade. Con el vaise un dos grandes referentes da literatura en lingua española.
Imos coñecelo un pouquiño máis.

Miguel
Delibes Setién naceu en Valladolid o 17 de outubro de 1920. Ademáis de ser un gran novelista e membro da Real Academia da Lingua Española dende 1975 (ocupaba o sillón “e”) era doutor en Dereito , catedrático de Historia do Comercio e periodista.

En 1941 comenzou a traballar no Diario El Norte de Castilla, xornal que dirixiu durante anos. Pouco a pouco pasou a dedicarse en exclusiva á literatura, onde cultivou xéneros como narrativa, ensaio e libros de viaxes.

O seu traballo literario fixoo merecedor de multitude de premios, entre os que destacan : O Premio Nadal (1948), O Premio da Crítica (1953), O Premio Príncipe de Asturias (1982), O Premio Nacional das Letras Españolas (1991) e O Premio Cervantes (1994)...

Agora imos facer un pequeno repaso pola súa bibliografía citando algunhas das súas obras máis coñecidas:

La sombra del ciprés es alargada foi a sua primeira novela, obra coa que obtivo o Premio Nadal en 1948. Posteriormente publicou Aún es de día (1949), El camino (1950), Mi idolatrado hijo Sisí (1953), La hoja roja (1959), Cinco horas con Mario (1966), Parábola del náufrago (1969), Las guerras de nuestros antepasados (1975), Los santos inocentes (1981), Señora de rojo sobre fondo gris (1991), etc.

Sen posibilidade de escribir dende finais dos anos 90, Miguel Delibes daba a súa vida “por vivida” xa dende hai varios anos, “no porque crea que ya lo he hecho todo en la vida, sino por el convencimiento de que ya no puedo hacer más”, explicaba.
Hoxe todos os xornais se fan eco da mala nova. Preme aquí para ler a noticia no Xornal de Galicia.

sábado, 6 de marzo de 2010

ELAS

A editorial Kalandraka vén de editar o libro "ELAS" de Cecilia Afonso Esteves.

Isto é o que se conta delas.
Elas viven no fondo.
No fondo do bosque,
da montaña,
do deserto,
do río.

Este libro é un “canto ao feminino”, tal e como o definiu o xurado do II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que o distinguiu cunha mención especial. Trátase dun texto poético e cheo de musicalidade, que se complementa cunha linguaxe plástica limpa, clara e suxerente, de ilustracións sereas e delicadas, con cores suaves; imaxes de gran valor simbólico.
Auga, Terra, Lume e Aire representan a esencia do noso mundo, danlle sentido e fan que todo funcione como unha cadea sen interrupción, por iso o seu obxectivo é xerar vida... “Elas” é unha proposta delicada, en forma de poema, que nos remite aos esenciais Catro Elementos e á presencia constante e telúrica delas, as mulleres.


Preme na imaxe para entrar na páxina da editorial.
CECILIA AFONSO ESTEVES (Bos Aires, 1977)
Estudou gravado na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón. Pertence ao colectivo arxentino Foro de Ilustradores. Tamén participou en
varias exposicións e en 2008 foi seleccionada para a mostra da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Actualmente traballa como ilustradora para unha revista de xardinería e paisaxismo.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO para promover a poesía como unha forma esencial de cultura.
Este ano ademáis celébrase o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández (30 de outubro de 1910 en Orihuela, Alacante).
Outra poeta, esta vez galega, á que se lle adica o día 24 de febreiro é Rosalía de Castro que ten moito que ver tamén co Día das Letras Galegas.
Para celebrar este día propoñémosvos esta actividade. Preme nos nomes dos poetas para coñecelos un pouco mellor.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora, data recoñecida pola Organización das Nacións Unidas (ONU). A idea xurdiu a finais do século XIX para conmemorar a loita da muller pola súa participación para conseguir a igualdade co home. É unha ocasión para reflexionar sobre os avances logrados, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión das mulleres que desempeñan unha labor extraordinaria na historia dos dereitos da muller.





Este cartel chéganos do IES Río Cabe en Monforte de Lemos (Lugo).
Se premes nel atoparas máis información.

ORGULLOS@S DO GALEGO

A coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística está a traballar na defensa do noso idioma galego nas aulas e na sociedade. Esta é unha mostra da súa nova campaña e do seu bo facer.