luns, 31 de outubro de 2011

EXPOSICIÓNS DE CABAZAS

Durante esta semana estiveron expostas, na entrada do cole, as cabazas que trouxeron os nosos nenos e nenas. Que grandes artistas son! Todos os anos nos sorprenden coa súa creatividade e co seu enxeño! Se non tivestes oportunidade de admiralas en vivo e en directo aquí vos deixo unha pequena mostra.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free picture slideshow by Smilebox

venres, 28 de outubro de 2011

PAPIRUS E O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  e dentro das actividades programadas festexamos o Aniversario da nosa mascota. PAPIRUS veunos visitar e contounos que antes de chegar á nosa biblioteca vivía nun castelo feito de rochas negras que estaba no fondo do mar. 
Falounos  dos seus amigos e amigas: o choco, a lura e como non, a Meiga Cocorola. 
Pero o que máis lle gusta son os libros e o seu cheiriño a aventuras, a imaxinación e a diversión. Encántalle vivir aquí pero cando chega o verán abúrrese moito porque queda só. Por iso o pasado mes de xullo puxo rumbo ao leste e chegou ata  Turquía, onde visitou moitos lugares que nos amosou en fotos e fixo moitos amiguiños e amiguiñas.

xoves, 27 de outubro de 2011

OS BOLECHAS QUEREN SABER COMO É UNHA BIBLIOTECA

No Ceip Curros Enríquez de Celanova celebraron o Día das Bibliotecas Escolares preparando este conto dos Bolechas. Grazas por compartilo con todos nos.

mércores, 26 de outubro de 2011

POLO SAMAÍN LIBROS SEN FIN

Non deixes de vir pola biblioteca e neste expositor atoparás libros de medo, de pantasmas, de bruxas, de monstros, historias de intriga e aventuras de misterio.
O terror e a emoción están servidos!!!



luns, 24 de outubro de 2011

UN SAMAÍN DE CONXUROS

Se te queres divertir, neste Samaín
intenta facer este LIM.
Boa sorte e que os diaños, 
bruxas e curuxas te acompañen.
PREME NA IMAXE

E para os máis pequeniños
tamén temos un traballiño.
A ver se son quen
de facelo ben.
PREME NA IMAXE

xoves, 13 de outubro de 2011

EMPEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis empezan a percorrer o seu camiño as MOCHILAS VIAXEIRAS cargadas de ilusións e bos libros.
Dende o Bibliocastelo A Pedra desexámosvos a todas as familias do noso alumnado un bo comezo de curso e esperamos, dentro das nosas posibilidades, axudarvos a espallar entre os vosos fillos e fillas o gusto pola lectura.