xoves, 25 de abril de 2019

VISITA DE ISABEL PASTORIZA SANTOS

Hoxe visitou o Bibliocastelo Isabel Pastoriza Santos, profesora e científica da Facultade de Química da Universidade de Vigo. Ademais é unha recoñecida investigadora a nivel mundial polos seus estudos sobre as nanopartículas. No ano 2011 foi unha das cinco mulleres científicas premiadas por L´Oreal UNESCO "Polas mulleres na ciencia", que consiste nun recoñecemento ao papel das mulleres na ciencia.
Foi entrevistada por María de 3º e Sara Curra de 6º, as súas sobriñas. Os afortunados en asistir a esta entrevista foron os rapaces e rapazas de 6º.




Despois desta interesante entrevista na que poideron coñecer aspectos da súa infancia, mocidade e vida profesional, Isabel explicoulles, cunha presentación, en que consiste o seu traballo e o proxecto sobre as nanopartículas que está desenvolvendo.



Logo o alumnado tivo a oportunidade de tocar e observar de preto algúns tubos con nanopartículas e os efectos das mesmas.





Cos datos obtidos nesta entrevista os alumnos e alumnas elaborarán a biografía de Isabel, que logo representarán co Kamishibai na II FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA que organiza o IES Johan Carballeira. Por este motivo asistiu a charla a vicedirectora do instituto, Noelia, que  convidou a Isabel e a toda a comunidade educativa a asistir á mesma.


Moitísimas grazas Isabel, por traer a  ciencia ao noso Bibliocastelo!
Grazas tamén a Sara e María por presentarnos a vosa tía. Noraboa, fixéstelo xenial! Unha fantástica entrevista!
Se queredes saber máis desta ilustre muller, científica, bueuesa, asistede a proxección desta entrevista e a representación en Kamishibai da súa biografía. Será o sábado 4 de maio, na II FEIRA DA CIENCIA E LITERATURA, na sala Amalia Domínguez. Haberá dúas sesións, unha ás 12:30 e outra ás 16:00.      


Non vos esquezades. Agardámosvos!





xoves, 11 de abril de 2019

RECREOS DE CONTO


Hoxe os axudantes de Papirus : Laura, Paula, María Ese, Naiara, Jimena e Miguel, escenificaron o conto "Corre corre, cabaciña" de Eva Mejuto e André Letria, de OQO Editora. 





Foi no Bibliocastelo, na hora do recreo. A rapazada pasouno xenial. Ollade!







Moitas grazas. Fixéstelo xenial!




martes, 2 de abril de 2019

2 de abril Día Mundial Da Concienciación do Autismo

Hoxe celebramos no cole o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO. Na Hora de Ler estivemos lendo o libro "Quieres conocerme? Autismo" de Asun Galera e Carmina del Río. Así coñecemos e aprendemos un pouquiño máis deste trastorno do desenvolvemento, a través dun neno autista chamado Dani. Despois saímos ao patio e entre todos confeccionamos o signo de infinito con cartulinas de cores, xa que foi a proposta que nos fixeron Autismo Morrazo e Aspamsim. O obxectivo desta actividade é darlle visibilidade ao autismo. 



















Foi un gran traballo en equipo! Ollade o resultado!



Finalmente colocamos a pancarta na entrada do cole.


Se queredes máis información premede na seguinte imaxe.