xoves, 24 de abril de 2014

COMPARTINDO LECTURAS II


Seguindo co programa de contacontos, hoxe visitaron o Bibliocastelo para contarnos un conto outras dúas profes: Geli e Marta.

A profe Geli leunos "SOPA DE CALABAZA", unha historia baseada na convivencia e na amizade que nos ensina o que poden sufrir as persoas que nos queren cando cren que estamos perdidos. 



A profe Marta non só nos veu ler un conto senón que tamén nolo cantou, con esa voz tan bonita que ten!!! Pasámolo moi ben cantando con "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE PUXERA AQUILO NA CABEZA" 



MOITAS GRAZAS PROFES!!!

mércores, 23 de abril de 2014

COMPARTINDO LECTURAS I

Co gallo de conmemorar o DÍA DO LIBRO, ao longo desta semana e a próxima, celebraremos no BIBLIOCASTELO unha gran festa da lectura. Durante o recreo haberá contacontos diarios  para todos os nenos e nenas que queiran compartir con nós contos e historias.



Empezamos esta maratón coa historia de IRIÑA, unha bailarina que vivía na máis fermosa caixa de música pero estaba preocupada porque non podía saír dela...








A profe Ana trouxonos dous contos que nos gustaron moito:

"O ESQUELETO" de Baía Edicións que conta como Osiños quere ser futbolista pero a súa familia trata de facerlle ver que para un esqueleto iso non é posible. Aínda así por que non intentalo?




"UN CONTO CHEO DE LOBOS" onde soubemos que había moitos tipos de lobos: grandes e pequenos, durmidos e espertos, xigantes e ananos, con máis de cen anos, de todas as cores, lobos con lentes e lobos con sombreiro. Tamén os hai que escriben cartas, hainos trampulleiros e hainos que mexan sobre un formigueiro.







A profe Ami tamén nos quixo ler un conto que fala sobre a verdadeira amizade "ES TI O MEU AMIGO?"  que nos gustou moito.


MOITAS GRAZAS PROFES!!!

domingo, 20 de abril de 2014

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

O 23 de abril foi declarado DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR pola Unesco no ano 1995.
A Consellería de Cultura, Educació e Ordenación Universitaria publica, coma todos os anos, un marcapáxinas cun pequeno texto inédito. Nesta ocasión o texto ven da man de PACO MARTÍN , autor do inesquencible libro "As cousas de Ramón Lamote" que acaba de cumplir 30 anos.

"O código secreto que permite o acceso á sala de 
mandos da nave espacial exploradora de futuros 
itinerarios siderais.
A bambeante escada de corda e táboas coa que 
abordar o áxil bergantín no que sucar mares ignotos 
na procura do eterno tesouro da ilusión.
 A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o 
airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte 
promisorio. 
A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, 
ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á 
descuberta venturosa de novos mundos, ao espello 
substancial do propio ser....
O libro! 
Paco Martín

No Boletín de Noticias de LEER.ES atoparemos unha actividade baixo o epígrafe "DOBLANDO PAPELES, DESPLEGANDO LECTURAS" na que nos propoñen a confección dun marcapáxinas personalizado. Preme na imaxe para saber máis.
Por outra banda, dende o EEI Barrioonovo comparten con todos nós esta fermosa presentación "O libro esculpe lectores" 


Na páxina das BIBLIOTECAS ESCOLARES tendes moita imáis nformación sobre esta celebración.

venres, 4 de abril de 2014

UN RECREO CALQUERA NO BIBLIOCASTELO

Gustaríanos compartir con todos vos estas imaxes que tan ben describen como veñen sendo os recreos no noso Bibliocastelo. Temos que dicir tamén, que o tempo non acompañou estes últimos días e moitos e moitas buscaron acobillo no recuncho de Papirus. 
O máis curioso de todo isto é a cantidade de actividades diferentes e dispares que se levan a cabo porque o Bibliocastelo é de todos e para todos. Esto último queda moi claro nas imaxes... que xa o dicía a canción:
"Benvidos sodes todos ao Bibliocastelo!!!"



Hai quen le en solitario pero compartindo espazos. 




Hai quen comparte lecturas e coñecementos.


 Hai quen practica outras artes de moda... que requiren moita destreza manual




Tamén temos ilustradoras que prometen... e moito ademais.


 Hainos que prefiren estar ben informados...




E aí están os axudantes de Papirus... sempre colaborando. 



Esta é unha mostra dunha biblioteca escolar que vive a diario  por e para o seu alumnado.

mércores, 2 de abril de 2014

O KARAOKE DE PAPIRUS

Seguro que xa todos e todas sabedes moi ben a canción da nosa mascota Papirus. Por se aínda hai alguén que non a aprendeu e para que a practiquedes sempre que vos apeteza, preparamos un karaoke moi especial. Os debuxos que se poden ver nesta presentación están feitos polos rapaces e rapazas do noso cole. 

E agora dalle ao play e a cantar sen parar!!!