domingo, 30 de xaneiro de 2011

125 ANOS DE CASTELAO

Hoxe cúmplense 125 anos do nacemento de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña 1886 - Bos Aires, Arxentina, 1950)

Foi político, escritor, pintor, médico e debuxante, así como un dos pais do nacionalismo galego. Estudou medicina e afirmaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade"
Entre as súas obras máis coñecidas destacan:

  • Cousas (1926, 1929).
  • Os dous de sempre (1934).
    Retrincos (1934).

Preme na imaxe de Castelao para obter máis información

CHEGOU DAS AMÉRICAS ( de “Cousas”)

"Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo... O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.

Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo fíxose mozo comprido, sen máis chatas que a súa coor... Aínda que era negro como o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas.

Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeou polas escaleiras dun trasatlántico.

Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brilantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.

Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:

—Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!

Panchito retornou á aldea. Chegou probe i endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e mais un traxe branco..."

CONTOS SOLIDARIOS CON ANXO MOURE

O xoves, 27 de xaneiro, os máis pequechos de Educación Infantil e 1º Ciclo gozaron cos contos solidarios do CARBALLO CON BOTAS.
ANXO MOURE chegou desde terras de Chantada, montado no seu PAZTINETE máxico para sementar nos nosos corazóns, a ledicia solidaria.

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ COAS ONGs

Dentro das actividades programadas para celebrar o DÍA DA PAZ, este ano, quixemos coñecer un pouco máis o traballo das ONGs.

Empezamos investigando co fin de saber que son, que funcións desenvolven, cantas hai e onde se atopan ... Elaboramos murais e fichas que están expostas nos corredores do colexio. Para rematar, a semana pasada, recibimos no centro a visita de varias delas:

  • O 25 e 26 de Xaneiro o alumnado do 1º e 2º ciclo participou nun OBRADOIRO DE DIVERSIDADE CULTURAL levado a cabo por voluntarios e voluntarias da CRUZ VERMELLA. Tamén os mestres e mestras recibimos, a tarde do martes, un obradoiro sobre os mesmos contidos, co obxectivo de fomentar no noso alumnado valores de tolerancia e respecto. Aquí vos deixo os enlaces:

CRUZ VERMELLA CO PRIMEIRO CICLO

CRUZ VERMELLA CO SEGUNDO CICLO

  • O 28 de Xaneiro o alumnado do 3º ciclo recibiu a visita do director e o psicologo da aldea infantil de Redondela que pertence á ONG ALDEAS INFANTILES SOS. Foi unha charla interesantísima na que nos falaron dos nenos e nenas que viven con eles, como se organizan, que tipo de actividades fan ... Enlaza co blog de Dinamización para saber máis:

ALDEAS INFANTILES CO TERCEIRO CICLO

xoves, 27 de xaneiro de 2011

PREPARANDO A PAZ

Dentro do proxecto "Medrando en valores" no que traballamos este ano, estanse realizando moitas actividades en todos os niveis para o Día da Paz.
Aquí tendes unha recompilación das mesmas, moitas delas grazas a xenerosidade doutros centros do PLAMBE.
Neste enlace atoparás moitas delas: contos, cancións, charlas, obradoiros, xogos, fichas, ligazóns, algunha webquest e moita información.

Preme na imaxe.

.

mércores, 19 de xaneiro de 2011

RECREOS DE CONTO





Irene e Angela de 6º A nos contaron a divertida historia de Linda unha vaca á que lle gustaba asustar ao carteiro.