xoves, 22 de decembro de 2022

O NADAL EN LINGUA DE SIGNOS

 Estes días estivemos traballando moito con Rosa Louro, a intérprete de signos do noso cole, para preparar unha panxoliña de nadal. Aquí tendes o resultado en dous videos, o primeiro grabado co alumnado e profesorado de infantil:

E no segundo participan o alumnado, o profesorado e o persoal non docente de primaria: 

mércores, 14 de decembro de 2022

GUÍAS DE LECTURA

Ola amiguiñxs:

Xa están aquí, recén saídas do forno, as guías de lectura! Un ano máis foron elaboradas pola  Coordinadora de equipos de Dinamización Lingüística, da que o noso cole forma parte. Preséntannos unhas propostas fantásticas para agasallar nestas datas. Animádevos a ler en galego!


Olládeas, compartídeas e que cheguen moi lonxe!

Biquiños