xoves, 30 de abril de 2020

OS MAIOS

Ola amiguiños e amiguiñas:
Que tal eses paseos? Espero que os aproveitedes ao máximo.
Mañá é o 1 de maio e nalgúns sitios de Galicia celébrase os "Maios" unha festa de orixes ancestrais. Lembrade o poema de Curros Enríquez que fala desta festa. No seguinte vídeo podedes gozar del, fermosamente cantado por Luis Emilio Batallán.

 


Agora a gozar da longa fin de semana.  Déixovos un vídeo do Concello de Narón onde se explica moi ben como se confeccionan os maios,  por se vos apetece facer un. Ollade!




Pasádeo moi ben!

Biquiños

mércores, 29 de abril de 2020

COMO BUSCAR INFORMACIÓN NA REDE

Ola amiguiños e amiguiñas:
Hoxe vouvos dar unhas indicacións de como buscar información en Internet. Sei que moitos mestres e mestras mándanvos facer traballos e proxectos de diferentes temas e materias. Para poder facelos necesitades información e ademais dos libros un lugar onde podemos procurala é na rede. Pero como hai tantísima información é moi importante saber buscala e seleccionala. Nas seguintes diapositivas explícase como facelo. Foron realizadas por Olga Rodríguez Díaz, directora e profesora responsable do CEIP Milladoiro. Moitas grazas Olga por compartilas con nós!
Se tedes dúbidas podedes preguntarme a través do meu correo. Eu estarei encantado de aclarárvolas. Ollade!



Espero que vos sirva de axuda. Calquera cousa que non entendades non dubidedes en preguntarme.
Unha manchea de biquiños!

martes, 28 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 3ª PARTE

Ola amiguiños e amiguiñas?
Hoxe vouvos amosar dous vídeos que me enviaron as profes de sexto coas actividades que fixo o seu alumnado polo Día do Libro. Unha tarefa consistiu en copiar unha frase que lles gustase do seu libro favorito. Ollade!

A outra actividade consistiu en facer un autorretrato co seu libro preferido. Ollade!


Noraboa rapaces e rapazas!! Un gran traballo!

Mañá máis cousiñas!! Moitos biquiños!!


luns, 27 de abril de 2020

PROPOSTAS PARA COIDAR O PLANETA

Benqueridos amiguiños e amiguiñas:
Que tal foi o primeiro día de saída ao exterior despois de tantos días na casa? Pasástelo ben? Xa me contaredes como foi. Seguistes as indicacións do meu amigo o Oso Goloso?
Hoxe vouvos amosar algunhas propostas que me fixestes para coidar o planeta. Velaí van!



Estas son as propostas de Raúl e Diego. Parécenme estupendas!


 E estas as de Violeta Gago Rosales de 4ºA. Moi boas propostas!

Moitísimas grazas por compartir comigo as vosas propostas. Agora temos que poñelas en práctica!

Ata mañá. Unha fortísima aperta!!!


sábado, 25 de abril de 2020

POR FIN!

Ola amiguiños e amiguiñas:
Hoxe estou estou moi contento porque me dixeron que mañá, por fin podedes saír da casa. Que ben! Como me alegro!
O meu amigo Oso Goloso envioume unhas recomendacións que deberiades ter en conta. Ollade!














Facédelle caso ao meu amigo, el sabe moito destas cousas. Pero sobre todo pasádeo xenial! Xa me contaredes.
Moitos biquiños e unha forte aperta!


venres, 24 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2ª PARTE

Ola amiguiños e amiguiñas:
Que tal pasastes onte o día? Eu gocei moito del grazas as fotos que me enviastes.
Parece que na vila celebrástelo ao grande! Mandáronme un fermoso vídeo onde unha animadora moi especial, a nosa querida Paula, leu varios poemas dende o seu balcón. Así felicitou a toda a Banda do Río neste Día do Libro. Ollade e escoitade con atención!



  Moitas grazas, Paula. Parabéns pola iniciativa e pola marabillosa interpretación!
Agora  vouvos amosar as fotos que me enviastes onte.














Moitísimas grazas rapaces e rapazas! Estou moi orgulloso de vós!

Que pasedes unha boa fin de semana! Unha morea de bicos!



xoves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO



Ola amiguiños e amiguiñas:
Hoxe é un día moi especial para min, e o Día do Libro. Xa sabedes que vós e os libros sodes os meus mellores amigos. 

Ollastes a foto de arriba? Chulísima, non si? Enviouma Marc Taeger para que vola faga chegar a todos vós para desexarvos un FELIZ DÍA DO LIBRO. Moitísimas grazas, Marc! Unha montaxe chulísima. Que guapo me debuxaches!!!

A profe Macu tamén nos  felicita neste día tan especial  cun vídeo chulísimo, no que le un fermoso poema de Ana Mª fernández titulado "Todo está nos libros". Ollade, escoitade e gozade!


 Moitísimas grazas, Macu. Unha fantástica interpretación!!! 

Gustáronme moito as fotos que me enviastes lendo no voso recanto favorito e tamén os debuxos das portadas dos vosos libos preferidos. Agora volos ensino, pero antes quero amosarvos un debuxo que me mandou Diego do conto que Corre, corre, cabaciña que vos puxen o outro día.

 Moitas grazas, Diego. Es un artista!!

Vega de 1ºA mándanos un vídeo lendo un anaquiño do libro Días de gatos. Ollade!



Xenial, Vega! 

E agora... velaí van as fotos!









E agora os debuxos das portadas dos vosos libros preferidos.





Moítisimas grazas polos vosos debuxos e polas fotos.

Para festexar o día vouvos agasallar cun libro que ten unha protagonista moi especial, A vaca que puxo un ovo . Espero que vos guste.


Espero que pasedes un bo día. Mañá máis cousas.
Moitos biquiños.