luns, 25 de maio de 2015

MARÍA REIMÓNDEZ NO BIBLIOCASTELO

O martes 19 de maio, recibimos no Bibliocastelo, a visita da escritora María Reimóndez, autora do libro VOLVO! O REGRESO DE USHA que estiveron a ler os rapaces rapazas de 6º de primaria.
É unha novela xuvenil, protagonizada por unha rapaza galega que vive na India coa súa nai, unha doutora que traballa nunha ONG. 

Unha historia coa que aprendemos, sobre todo, a descubrir unha forma diferente de observar a realidade, unha maneira distinta de poñérmonos "na pel dos demais"..., outro xeito de escoitar, de vivir noutros lugares, noutras culturas...




Tivemos  a oportunidade de facerlle moitas preguntas que ela contestou moi amablemente.



 Antes de marchar asinou os libros de todos os nenos e nenas cunha dedicatoria personalizada para cada un.


MOITAS GRAZAS MARÍA!!! 

ANXO MOURE

O 25 de maio, ANXO MOURE, visitou ao alumnado de infantil no seu patinete NUBINETE. Veunos presentar o seu novo conto O PARAUGAS DAMEAUGAS e a todos os seus personaxes.

PREME NA IMAXE

venres, 15 de maio de 2015

CORRELINGUA 2015

O martes 12 de maio as rúas de Bueu volvéronse encher de rapazada para celebrar unha nova edición do CORRELINGUA DO MORRAZO. 

Este ano eramos uns 2300 participando nos obradoiros e percorrendo o centro do pobo baixo unha pancarta co lema: GALEGO, A NOSA CREACIÓN COMÚN. 



Coma todos os anos saímos lucindo as camisetas, coa nosa palabra escollida e unha chapa invitando a CREAR GALEGO.


Nestes videos podedes ver o ben que o pasaron os rapaces e rapazas de todos os niveis:


mércores, 13 de maio de 2015

CREA GALEGO


Dentro das actividades programadas para celebrar as Letras Galegas, os rapaces e rapazas de todo o cole elaboraron uns marcapáxinas moi orixinais. Teñen forma de paleta de cores, das que empregan os pintores, están feitos con goma eva e con papeis de cores levan escrito o lema: CREA GALEGO.



Cada neno/a fixo dous marcadores, un para si e o outro para poder agasallar a un familiar ou amigo/a e animalo a empregar a lingua galega .


mércores, 6 de maio de 2015

CONTACONTOS CON IAGO LÓPEZ


O 6 de maio recibimos no Bibliocastelo a visita de Iago López. Contounos a historia Augusta e os seus medos de Sabela Fernández Trelles. 
Augusta era unha nena que tiña tantos medos que non quería facer nada aa que os seus pais lle deixaron unha caixa no dormitorio...

Se queres saber máis pincha na imaxe e accederás ao blog do primeiro ciclo.





luns, 4 de maio de 2015

CAL É O TEU LUGAR DE LECTURA PREFERIDO???

Como nos propuxo Papirus na súa carta...


... buscamos o noso lugar preferido para ler e foto vai e foto ven ... Velaquí está o resultado.

A entrada do noso cole coverteuse nunha exposición fotográfica "lendo con moita arte"









































Queda demostrado que no cole de A Pedra somos grandes e bos lectores.
Ademais duns fantásticos ARTISTAS.