Como punto e final do seu proxecto, os trasniños/as celebraron unha preciosa CERIMONIA DE CLAUSURA, con entrega de medallas, desfile, festa e apagado do lume olímpico.
domingo, 31 de marzo de 2024
xoves, 28 de marzo de 2024
AS OLIMPÍADAS DOS TRASNOS
E comezaron os xogos para os Trasnos. Que ben se lle dan os deportes!!! Practicaron distintas disciplinas olímpicas:
venres, 22 de marzo de 2024
HOMENAXE ÁS MULLERES DEPORTISTAS
Co gallo do 8 de marzo, o alumnado de 4º estivo investigando sobre mulleres deportistas galegas, aínda que tamén incluíron algunha doutra comunidade. Como resultado do seu traballo, nos deixaron esta presentación onde podemos coñecer e aprender moito sobre o esforzo e a disciplina do deporte.
CELEBRANDO AS OLIMPÍADAS
O ALUMNADO DE 5º DE INFANTIL tamén practicou deportes olímpicos e celebrou as súas propias olimpiadas coa colaboración da profe de educación física, Goretti.
Fixeron equipos e elaboraron os carnets olímpicos que ían cubrindo cun selo despois de superar cada disciplina.
Finalmente, como non podía ser doutra maneira, houbo entrega de medallas.
Que divertido e canto aprendo con vós!!!
DÍA DA RADIO E DA POESÍA
A partir do conto "LA BALLENA LLENA" reflexionamos sobre a contaminación no mar e a necesidade de coidar o planeta:
martes, 12 de marzo de 2024
INAUGURACIÓN DAS OLIMPÍADAS DOS TRASNOS
Os TRASNOS seguen preparando as súas olimpíadas, nesta ocasión crearon as camisetas coas que identificaran os distintos equipos na cerimonia de inauguración:
Agora xa están PREPARADOS/AS para empezar coas súas olimpíadas
E chegou o día da CEREMONIA INAUGURAL no que prenderon a antorcha olímpica:
sábado, 9 de marzo de 2024
CONTOS NA RADIO
O alumnado de 5º de primaria achegouse á radio para deixarnos unha mostra dos seus contos preferidos.
Moitas grazas rapaces e rapazas! Encántanme as vosas historias!!!