venres, 26 de febreiro de 2010

CONTÁDENOS UN CONTO!

A mañá do venres 26 de febreiro tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca uns contadores de contos moi especiais.
Os alumnos e alumnas do IES Johan Carballeira de 1º e 4º da ESO viñeron compartir con nós un anaquiño do seu tempo.
Con moito enxeño, expresividade e un pouco de improvisación relataron e puxeron en escena os seguintes contos:
"O trasno" para os nenos/as de 1º ,
"Don Quixote e Breogán" para 2º,
"O zapateiro e os trasnos" para 3º e 4º e
" A cincenta que non quería comer perdices" para 5º e 6º.







Como nos gustou ver aos nosos antigos alumnos e que ben o fixeron! Parecían profesionais!

POR SAN VALENTÍN POEMAS SEN FIN

Estes son os poemas elaborados polos nenos e nenas do 2º ciclo.


domingo, 21 de febreiro de 2010

ÁFRICA

Este traballo de investigación fixérono os nenos e nenas de 2º A durante o primeiro trimestre, seguindo o rastro de Papirus (a mascota da biblioteca) que estivo de viaxe por África.

luns, 15 de febreiro de 2010

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

No blog de Leer.es publícase unha entrada na que se fala das bibliotecas escolares galegas.
Entre outras cousas di:
" As bibliotecas escolares galegas estanse a transformar en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Son tamén espazos de convivencia, de educación e vivencia cidadá..."
" Os blogs das bibliotecas escolares son fiestras abertas que nos deixan ver a realidade dos centros, o día a día, co labor silencioso pero eficaz do profesorado para formar lectores competentes..."
Preme no enlace LEER. ES para completar esta nova tan agradable para nos.

HÁBITOS DE LECTURA 2009

A federación de Gremios de Editores de España ven de publicar o " Informe de hábitos de lectura y compra de libros en 2009". Un barómetro que mide os hábitos da poboación maior de 14 anos en relación cos libros e a lectura. Dende hai 3 anos este barómetro presta atención á lectura entre a poboación máis nova entre 10 e 13 anos.

Preme na foto para coñecer os datos deste informe.

domingo, 14 de febreiro de 2010

A VOLTA AO MUNDO CON PAPIRUS

Xa chegou o entroido de troula e ledicia, de orellas, filloas, de chulas e risa!
Papirus que anda buscando aventuras, quixo amosarnos moitas culturas.
Do norte e do sur, de oriente e occidente disfraces e traxes, todos diferentes.
Abriron o desfile os pelegríns que viñan andando dende infantil.
Os de primeiro vestidos de exipcios, cantaron misterios das beiras do Nilo.
Da África ardente, ao ritmo das danzas, bailaron os de segundo sons da sabana.
Indios americanos detrás chegaron, os de Guatemala do 2º ciclo tamén danzaron.
E...dende a antiga China, os de 5º e 6º pecharon o desfile con moito talento.