venres, 17 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas o mércores 15 de maio. Xuntámonos todos no patio do cole, pouco antes da saída e cantamos o HIMNO GALEGO. Acompañáronnos moitos pais, nais, avós, avoas... Fixémolo xenial grazas a dirección da profe Marta. Ollade!


Ademais ao longo de todo o mes de maio fixemos unha morea de actividades para conmemorar esta data tan importante para todos os galegos e galegas.
* Realizamos un mural colaborativo, no que participou todo o alumnado dende infantil ata sexto de primaria, para honrar ao homenaxeado: ANTÓN FRAGUAS.


A espiral central representa a triple escaleira do MUSEO DO POBO GALEGO, tan importante na vida deste autor. Completamos o mural con fotografías aportadas polo alumnado, que recollen diferentes construcións, oficios, ferramentas, embarcacións, festas, xogos tradicionais... O obxectivo era emular a figura de Fraguas, que dedicou a súa vida a investigación da xente e da cultura galega.
* Como todos os anos levouse a cabo o tradicional concurso QUE SABES DE...? no que os alumnos e alumnas teñen que responder a varias preguntas sobre o homenaxeado. A resposta ás mesmas atópase nos murais que están polos corredores.



* Charla de Francisco Calo Lourido, patrón do Museo do Pobo Galego, un home cun currículum impresionante, que tivo o honor de coñecer personalmente a Antón Fraguas. Del veunos falar, así como da súa profesión de etnólogo e antropólogo, que ambos compartiron. Ademais Francisco é o avó de Xaquín e Mariña, alumnos do noso cole. Se queredes máis información desta interesante charla pinchade na seguinte imaxe.  


* CORRELINGUA. Participamos como todos os anos no Correlingua, co lema O GALEGO É A FÓRMULA. Clicade na seguinte imaxe para saber como se desenvolveu esta festa da nosa lingua.


* Visitas de autores galegos: An Alfaya e Antonio García Teijeiro. An veunos falar do seu libro "Down", que estiveron lendo os rapaces e rapazas de terceiro e cuarto. Premede na seguinte imaxe...


García Teijeiro, veunos falar do seu libro "Poemar o mar". Clicade na seguinte imaxe para saber máis desta visita.


* Festival Audiovisual Escolar de Boiro "Olloboi".  Participaron nel "Os Trasnos", os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil cunha curtametraxe titulada "O meu aniversario". Quedaron finalistas!! Fixeron un gran traballo! Ollade!
  


Se queredes saber como foi todo o proceso de elaboración da mesma, ollade o seguinte vídeo.


Este galardón foi o broche final deste mes ateigado de actividades, celebracións e traballo ben feito. Noraboa trasniños e trasniñas, toda a comunidade educativa está moi orgullosa de vós!



luns, 13 de maio de 2019

EXPERIMENTAMOS NA BIBLIO

Hoxe o alumnado de sexto trasladou a aula de ciencias á biblioteca. No recuncho científico realizaron varias experiencias e experimentaron con diversas magnitudes: capacidade, volume... 





Construiron un metro cúbico.





Comprobaron que un decímetro cúbico equivale a un litro.


Calcularon o volume dun sólido irregular, a súa masa e por último a súa densidade.







Realizaron experiencias coa luz, refracción. Como se comportan os corpos ante a luz: transparentes, translúcidos e opacos.



A materia: substancias puras e mesturas. Métodos de separación de mesturas. Cambios na materia: físicos e químicos (combustión, oxidación, fermentación).









A calor. Efectos da calor nos corpos: dilatación. Conservación da calor en diferentes materiais.








A xornada deu para moito. Foi un bo repaso de todo o traballado e aprendido durante o segundo trimestre!  

mércores, 8 de maio de 2019

CONTACONTOS EN FAMILIA

Co gallo do Día do Libro, estamos desenvolvendo ao longo dos meses de abril e maio unha actividad a que lle chamamos "Contacontos en familia". Consiste en que un familiar dos nosos alumnos e alumnas veñan ao cole a compartir con nós, un libro, un conto que lles guste especialmente.  Xa foron varios papás, mamás e ata un tío os que viñeron ler o seu libro. Ollade!



Eva, a mamá de Manuel, "Chivos, chivóns"


Lydia, a nai de Elena, "Melowy". Como é un libro longo, leu un capítulo e deixouno na biblo para quen o queira ler. 



Silvia, a mamá de Branca e Laura leunos un libro moi, pero que moi especial. O libro dos primeiros anos da nenez de Branca, que lle fixeron cando tiña catro anos. Logo leu outro "El niño que pudo hacerlo", unha fermosa historia de superación.


Jaime, o avó de Raúl e o seu tío Diego, "La casa del árbol"


Luis, o tío de María Otero, "Los músicos de Bremen"


Os pais de Aroa fixeron unha adapatación moi orixinal do libro "No bosque". Mentras Olaia ía lendo, Marc ía facendo as ilustracións na pizarra dixital.



Beti, a nai de Andrés e Xoel, "Las dos ardillas"


Bibi, a nai de Iria, "A vaca que puxo un ovo"


Noemí, a nai de Natán, "A noite das mudanzas"


Paula, a mamá de Pedro, "Mounstruos university"

Moitísimas grazas por compartir con nós as vosas lecturas!

  

martes, 7 de maio de 2019

AN ALFAYA VISITA O BIBLIOCASTELO

Hoxe visitou o Bibliocastelo a escritora An Alfaya para falar cos rapaces e rapazas de 3º e 4º de "Down" da editorial EDEBÉ, xa que foi o libro que estiveron lendo e traballando ao longo do pasado trimestre. Contoulles que o personaxe principal, Guille, está inspirado nun neno con Síndrome de Down que coñeceu xa fai tempo. Coincidía todos os días con el no autobús cando ela ía para o traballo e el para o colexio. Empezaron a falar e crearon unha bonita amizade. A ela parecíanlle moi divertidas as cousas que o rapaz lle contaba e decidiu facer un libro no que el fose un dos protagonistas. 
Encántanlle as margaridas azuis,  porque son difíciles de atopar, son especiais. Por iso quixo poñelas no libro, por marcar esa diferenza, como Down.
Comentou que está traducido a varios idiomas, ata en coreano!


Tamén  falou de cando era cativa, da súa timidez e de como a superou. Custáballe moito falar en público, dáballe moita vergoña. Meteuse nun grupo de teatro, iso axudouna moito. Un día ocurríuselle escribir  unha obra de teatro, presentouna a un concurso e... gañou! A partir de aí, xa non deixou de escribir, foi o seu comezo como escritora.







Adiantonos que a finais do verán ten previsto publicar dous libros, un de poesía e o outro, unha novela para adolescentes. Comentounos que o de poemas ten unha historia moi curiosa, se queredes sabela teredes que mercar o libro, aparece explicada nas súas primeiras páxinas. O título do mesmo é "Soleando"  e todos os poemas están dedicados ao sol. Estamos desexando que se publique para mercalo! Moita sorte cos novos libros!
Para rematar, asinoulle a cada neno e nena o seu libro.








Moitas grazas An por visitar o Bibliocastelo e compartir con todos nós as túas viviencias. Agardamos con impaciencia a publicación dos teus novos libros!