venres, 18 de xaneiro de 2019

POR FIN!

Por fin abriu as súas portas o Bibliocastelo! Para avisarnos deste gran acontecemento, Papirus enviounos unha invitación. Ollade!


Para celebralo organizamos unha gran festa, na que tamén festexamos o aniversario da nosa querida mascota e que aprazáramos por mor das obras.
Os que viñeron primeiro foron os nenos e nenas de infantil. Percorreron e fedellaron un pouquiño nas novas instalacións. 














Logo Ramón obsequiounos cunha sesión de maxia.



Este mago Ramón, mola un montón!!



Logo cantamos e bailamos a canción de Papirus.


Ao día seguinte, a festa foi para os rapaces e rapazas de  primaria.










Despois de percorrer a nova biblioteca, asistiron a unha sesión de maxia do Mago Ramón. Os DEREITOS HUMANOS tamén estiveron presentes e foron os protagonistas dalgún truco.





Pola tarde houbo xornada de Portas Abertas para as familias, para que se achegasen a ver o novo BIBLIOCASTELO. Quedaron abraiados, e nós moi contentos e contentas xa que se cumpriron todas as expectativas. A nova biblioteca foi todo un ÉXITO!!! Agora a gozar dela!







martes, 15 de xaneiro de 2019

O BIBLIOCASTELO É NOTICIA!

O Bibliocastelo sae nos xornais e no Portal de educación da Xunta de Galicia, xa que onte foi a inauguración oficial! 
Despois de tantos meses de traballo, por fin a nosa biblioteca abre as súas portas, para que todos os membros da comunidade educativa poidamos gozar das súas instalacións.
Pinchade nos seguintes enlaces para ler as noticias.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26790
https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/01/14/colegio-pedra-estrena-nueva-biblioteca/2032788.html
https://pontevedraviva.com/xeral/51584/conselleira-educacion-bibiloteca-escolar-ceip-plurilingue-apedra-bueu/
Para este evento contamos coa presenza de importantes autoridades do mundo do ensino, da cultura e da política como a Conselleira de Educación, Dª Carmen Pomar; o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Ed., D. José Manuel Pinal; o Xefe Territorial, D. César Pérez; a inspectora, Dª Adoración de la Fuente; o alcalde do Concello de Bueu, D. Félix Juncal e a Concelleira de Ed. Dª. Teresa López; así como representantes de Bibliotecas Escolares de Galicia, membros da ANPA do colexio, o ilustrador D. Marc Taeger e tamén o cronista da historia da nosa vila, D. Arturo Sánchez (antigo mestre da nosa escola).


Foron os axudantes de Papirus, alumnos e alumnas de 6º, os encargados de levar a cabo unha visita guiada para presentar os novos espazos que forman a biblioteca.
















Este labor foi moi aplaudido polos asistentes que mencionaron en diferentes ocasións o bo facer destes mozos e mozas. Víronse especialmente reforzados pola proximidades e calidez coa que a señora Conselleira interactuou con eles ao longo de todo o percorrido, propiciando un clima que lles axudo a diminuír a presión do momento.




Ao remate da visita puidemos escoitar as impresións do alcalde, D. Félix Juncal, que ademais dos seus parabéns polo traballo realizado quixo resaltar a importancia dos nenos e nenas no futuro.

Dona Carmen Pomar salientou a importancia da EDUCACIÓN EMOCIONAL no crecemento persoal e enlazando con este tema, retomou as palabras de Luisa, a nosa directora, como broche do acto e mellor definición para a nosa biblioteca :



"O noso Bibliocastelo é algo máis que un espazo; É UN SENTIMENTO!"  

No seguinte vídeo podedes ver un resumo deste acto.