sábado, 29 de abril de 2023

CAMPIONATO DE XADREZ

Ola amiguiñxs:

Xa temos os novos gañadorxs do campionato de xadrez desta semana. Son:

Martín Ríos, Kidist Fazanes, Javi Cereijo, Manuel Vilas, Pablo Verde, Roque Docampo, Andrés domínguez, Asier Belaustegui, Teo Freire e Irene Dopazo.






Noraboa a todxs!

Biquiños

venres, 28 de abril de 2023

MOiTO MÁIS QUE XOGO

 Ola amiguiñxs:

 Co gallo do noso PDI deste curso o alumnado de 6º de infantil  decidiu embarcarse nun proxecto moi interesante: CREAR O SEU PROPIO XOGO, un xogo feito por eles/as e con eles/as como protagonistas.

Non foi sinxelo, tiveron que traballar moito, documentarse, experimentar, tomar decisións, cooperar, deseñar, crear...

Neste video podedes ver todo o proceso:

 

Para saber máis preme AQUÍ.

luns, 24 de abril de 2023

LECTURAS COMPARTIDAS COA GALIÑA AZUL

 Ola amiguiñxs:

Sabíades que os nenos/as de 6º de infantil convidaron aos compañeiros/as da Galiña Azul a visitar a Biblioteca para compartir lecturas? 

 

E o que máis me gustou foi que lles falaron de min e ata lles agasallaron cunha imaxe miña, pintada e decorada para que así me puidesen coñecer. Que guapo me deixaron!!!

Como adermais era o Día do Libro, contamos e signamos o conto "Animais" que foi moi divertido.