luns, 11 de novembro de 2024

NOVIDADES LECTORAS NO BIBLIOCASTELO

Ola amiguiños e amiguiñas:

Sabedes que o que máis me gusta neste mundo son os libros e para contaxiarvos o gusto pola lectura quere compartir con vós esta presentación coas novidades que veño de adquirir para o Bibliocastelo. Agardo que vos gusten moito!!!


Un saúdo



sábado, 2 de novembro de 2024

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este mes de novembro imos celebrar, como vimos facendo dende hai anos. o MES DA CIENCIA EN GALEGO.  Para iso encheremos o noso espazo científico de aparellos e experimentos. Como nos gusta a ciencia!!!

Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares nos achegan o MANIFESTO de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC e que foi Premio Nacional de Investigación no 2023.

Preme no logo e nas ligazóns 

Ademais un folleto con información sobre distintos obradoiros e seminarios que se van levar a cabo durante este mes


Unha recompilación de MATERIAIS DE CIENCIA EN GALEGO e unha páxina moi interesante de PINTEREST con moitos TÍTULOS EN GALEGO

No Bibliocastelo comezamos cunha exposición de libros sobre ciencia en galego que están á vosa disposición.


Nos próximos días iremos sumando todas as vosas experiencias científicas.




domingo, 27 de outubro de 2024

CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola amiguiños e amiguiñas:

Estou moi contento e agradecido por todas as visitas que recibín nesta semana, Como me gusta que veñades ao meu Bibliocastelo!!! 

Para quen non o saiba, explico brevemente en que consistiu a actividade coa que me agasallastes: o alumnado de primaria organizou apadriñamentos lectores,  pero no lugar de contar os contos, escenificaron as historias aos compañeiros/as máis pequenos., coma se fosen actores e actrices,  Algúns cursos, incluso se desplazaron ata o cole de infantil para acompañar ao alumnado na viaxe ata o Bibliocastelo.

Tamén descubrín que sodes uns e unhas grandes artistas, Que representacións tan marabillosas puiden presenciar!!!

Para que non vos perdades nada deixo, a continuación,  as ligazóns aos blogs de aula, para que poidades ver como viviu cada curso este acontecemento:

 TRASNOS A PEDRA

PELOUROS

LARETAS

PEIXES NA PEDRA

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

Ata pronto amiguiños/as!!!



domingo, 20 de outubro de 2024

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola amiguiños e amiguiñas:

Co gallo da celebración do meu aniversario que coincide co Día das Bibliotecas Escolares (24 outubro), achego unha tarxeta virtual para convidarvos a visitarme no meu Bibliocastelo.
 

Espero que veñades todos e todas!!!

Para comezar a celebración os meus queridos/as axudantes/as de 6º de primaria teñen unha mensaxe para vos:


Pois como dixeron eles e elas xa estamos preparados para comezar o noso proxecto deste ano así que ....

QUE SUBA O PANO NA PEDRA!!!


luns, 14 de outubro de 2024

IX DÍA DAS ESCRITORAS

Ola amiguiños e amiguiñas,

Hoxe, 14 de outubro celebramos o Día das Escritoras e coma todos os anos queremos homenaxear as grandes escritoras galegas. Por iso coa colaboración dos axudantes preparamos no bibliocastelo  unha exposición con libros dalgunhas delas que podedes ler ou levar en empréstito. 

Dende Bibliotecas Escolares nos achegan tamén algúns textos de escritoras seleccionados por Ana Iris Simón.

PREME NA IMAXE

Un saúdo e Boas Lecturas



martes, 1 de outubro de 2024

O BIBLIOCASTELO ABRE AS SÚAS PORTAS

 Ola amiguiños/as:

Hoxe o BIBLIOCASTELO abre de novo as súas portas a toda a comunidade educativa. Que ganas tiña de volver a estar con todos/as vos despois das longas vacacións de verán!!!

Os meus axudantes xa están en marcha, empezan os primeiros equipos a traballar.

Tamén empezan os primeiros contacontos e representacións:

E por último, xa está lista a exposición deste ano "QUE SUBA O PANO" con títulos relacionados co teatro e que iremos ampliando ao longo do curso:

Agardo que este comezo sexa unha gran representación para todos/as porque como dixo o gran poeta Federico García Lorca "O teatro é a poesía que sae do libro para facerse humana"




luns, 3 de xuño de 2024

EMPRÉSTITO VERÁN 2024

 Ola amiguiños/as:

Agora que está a piques de rematar o curso. quero convidarvos a seguir gozando la lectura e dos libros. Para isto poñemos en marcha o empréstito de verán. Neste cartaz tendes toda a información e se queredes velo mellor, premede na imaxe e ata podedes descargalo.


SE NON PODES VIR NAS DATAS PROPOSTAS FALA CO TEU TITOR OU TITORA OU ACHÉGATE Á BIBLIOTECA PARA FALAR COAS ENCARGADAS E SOLUCIONALO.


luns, 27 de maio de 2024

GUÍA DE LECTURAS OLÍMPICAS

 Este ano de Olimpíadas non podía faltar unha guía cunha pequena escolma de títulos que recomendamos dende o Bibliocastelo.

Agardo que vos gusten!!! Preme na imaxe para ler e ver mellor os libros.



sábado, 25 de maio de 2024

DEPORTE ADAPTADO

Co gallo do noso proxecto sobre as Olimpíadas, recibimos unha visita moi especial; varias adestradoras e varios deportistas do CLUB TAMIAR de Vigo. Ensináronnos que é o deporte adaptado, concretamente dúas disciplinas que practican no seu club:.

 O BOCCIA, deporte paralímpico moi similar á petanca. Xógase por equipos e gaña o que logra máis puntos ao achegarse o máximo á bóla branca.

O  SLALOM, xogo no que hai que superar distintos obstáculos sentados en cadeira de rodas no menor tempo posible e sen tirar ningún bolardo.

Resultou moi divertida e aprendemos que é posible practicar deporte máis aló das dificultades e das barreiras.

Aquí vos deixo dous videos da xornada.

 

martes, 14 de maio de 2024

CONTACONTOS CON ANXO GONZÁLEZ GUERRA

 Hoxe visitou o noso Bibliocastelo Anxo González Guerra, avo do noso compañeiro Aldán, e contador de contos antigos, dos que se contaban ao carón das lareiras no inverno.

PREME NA IMAXE PARA COÑECER OS DETALLES

sábado, 11 de maio de 2024

PHO3NIX KIDS

 O mércores 8 de maio, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º participou nunha actividade deportiva moi divertida e instutiva da man da Asociación Pho3nix Kids da que é embaixador Javier Gómez Noya. O obxectivo era fomentar a diversión a través do exercicio físico coa práctica do Triathlon.

mércores, 1 de maio de 2024

III FESTIVAL ARTÍSTICO ART FOR CHANGE

O sábado 27 de abril tivo lugar a III edición do Festival Artístico Solidario, Art for Change que organiza o IES Johan Carballeira e no que participamos como convidados xunto coas outras escolas do concello. Este ano celébrase nas novas instalacións da biblioteca municipal que aínda está por inaugurar.

A temática desta 3ª edición é o mundo celta e a identidade. A finalidade é recadar fondos para a Asociación Amanecer e para a Illa dos Ratos. Todo o cole participa no evento coas súas creacións.

 
Trátase dun evento que se prolonga durante todo o día e reúne a toda a comunidade educativa, alumnado e familias que conviven cos outros centros educativos do concello.
Foi unha experiencia marabillosa, un ano máis!!! Grazas por convidarnos a participar!!!


martes, 30 de abril de 2024

CONTACONTOS NO BIBLIOCASTELO

Hoxe recibín unha agradable sorpresa, viñeron de visita os meus amiguiños/as de 4º de infantil acompañados das súas mestras. Despois de saudarnos e descubrir os recunchos do meu castelo chegou a hora de gozar cos libros.


As mestras contáronlles dous dos meus contos favoritos: 


Que ben os pasamos! Agardo que voltedes axiña que vos estarei agardando!

domingo, 21 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL I PARTE

 Abril é un mes moi especial para a lectura e os libros. O 2 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL

Sobre as alas, os contos viaxan.

Desexando sentir o latexo do teu corazón.

Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.

Preme na imaxe para ler o texto completo

E non queda todo aquí, o 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO e me gustaría celebralo amosándovos este video que fun facendo con imaxes que reflicten o día a día do meu querido BIBLIOCASTELO. Agardo que vos guste: