Xa levabamos varias semanas preparando o entroido. Pensando no traxe, nas cancións ... Foron días de moito traballo e ilusión. Aproveitamos para agradecer a colaboración das familias.
PREME NA IMAXE |
Ao longo de toda a semana fomos quentando motores de cara ao Entroido, así:
O luns pispireto
píntome o careto.
E todos e todas chegamos ao colexio coa cara pintada, cada un ao seu xeito. Pero isto non quedou aí:
O martes atrevido
un gorro divertido.
Que gorros máis chulos trouxeron algúns e algunhas!
O mércores saboroso
algo no pescozo.
Menudas pintas empezábamos a ter xa, coa cara pintada, o gorro na cabeza e as bufandas, colares, garabatas... Pero aínda foi mellor ao día seguinte:
O xoves do revés
trae algo nos pés.
Que divertido! Co calzado ou os calcetíns ao revés, un de cada cor. E por fín chegou o día:
O venres alegre e festivo
disfrázome e desfilo.
Os máis pequeniños de tres, catro e cinco anos ían guapísimos cos seus traxes dos TRES PORQUIÑOS:
PREMEDE NAS IMAXES |
Os rapaces e rapazas de primeiro levaban o seu traxe de PINOCHO e as mestras de GEPETTO.
Uns PETER PANS e unhas CAMPANIÑAS de segundo curso perseguidos por un improvisado CAPITÁN GARFIO e o seu perigoso crocodilo.
No segundo ciclo as nenas eran unhas BRANCANEVES moi especiais, os nenos ANANIÑOS e as mestras eran as malvadas MADRASTRAS.
E para rematar, como en toda boa festa de Entroido, non podían faltar as filloas, as orellas e as flores.
Espero que sigades gozando do Entroido uns días máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario