Ola amiguiños e amiguiñas:
Hoxe é un día moi especial para min, e o Día do Libro. Xa sabedes que vós e os libros sodes os meus mellores amigos.
Ollastes a foto de arriba? Chulísima, non si? Enviouma Marc Taeger para que vola faga chegar a todos vós para desexarvos un FELIZ DÍA DO LIBRO. Moitísimas grazas, Marc! Unha montaxe chulísima. Que guapo me debuxaches!!!
A profe Macu tamén nos felicita neste día tan especial cun vídeo chulísimo, no que le un fermoso poema de Ana Mª fernández titulado "Todo está nos libros". Ollade, escoitade e gozade!
A profe Macu tamén nos felicita neste día tan especial cun vídeo chulísimo, no que le un fermoso poema de Ana Mª fernández titulado "Todo está nos libros". Ollade, escoitade e gozade!
Moitísimas grazas, Macu. Unha fantástica interpretación!!!
Gustáronme moito as fotos que me enviastes lendo no voso recanto favorito e tamén os debuxos das portadas dos vosos libos preferidos. Agora volos ensino, pero antes quero amosarvos un debuxo que me mandou Diego do conto que Corre, corre, cabaciña que vos puxen o outro día.
Moitas grazas, Diego. Es un artista!!
Vega de 1ºA mándanos un vídeo lendo un anaquiño do libro Días de gatos. Ollade!
Xenial, Vega!
Vega de 1ºA mándanos un vídeo lendo un anaquiño do libro Días de gatos. Ollade!
Xenial, Vega!
E agora... velaí van as fotos!
E agora os debuxos das portadas dos vosos libros preferidos.
Moítisimas grazas polos vosos debuxos e polas fotos.
Para festexar o día vouvos agasallar cun libro que ten unha protagonista moi especial, A vaca que puxo un ovo . Espero que vos guste.
Espero que pasedes un bo día. Mañá máis cousas.
Moitos biquiños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario