sábado, 16 de febreiro de 2013

RECITANDO A ROSALÍA


FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. 
Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. 
A AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) propón aos centros do ensino a inclusión nese día de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos.
ACTIVIDADES DA AELG
Dende o noso cole tamén queremos contribuír a esa homenaxe  á nosa gran poeta que trascende de maneira universal ao longo dos tempos.
FARENHEIT 451
Para a actividade que propoñemos tomamos como referencia a novela distópica (trata unha sociedade ficticia non desexable en sí mesma) “Fahrenheit 451 “ do escritor estadounidense Ray Bradbury publicada en 1953. O título fai referencia á temperatura na escala Fahrenheit á que o papel dos libros se inflama e arde.. Posteriormente levouse ao cine nunha película dirixida por François Truffaut.
No mundo que describe Ray Bradbury en Fahrenheit 451  os libros están prohibidos. Sen embargo, hai persoas que se resisten e o fan aprendéndose un libro cada unha de elas. “Somos miles as persoas que levamos un libro na nosa cabeza, bibliotecas itinerantes” 
PERSOAS LIBRO
Con esta base nace o  Proxecto Fahrenheit 451 (as persoas libro) que busca eso mesmo: que a poboación ande por aí recitando en voz alta os seus libros. É máis que un proxecto, é un movemento cidadá que busca crear unha organización sempre aberta, progresiva, sen fronteiras nin no tempo nin no espazo, para amosar que hai beleza, intelixencia e sensibilidade nas palabras dos seres humanos de todas as culturas e abrir  un rasquizo á esperanza de encontro e a convivencia.

Dende os Equipos de Dinamización e Biblioteca propoñemos que cada grupo-clase escolla un poema do libro CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro e o aprenda de memoria para despois recitalo . Será un recital compartido.
Podes consultar máis entradas sobre esta gran poeta galega neste mesmo blog, premendo na imaxe de Rosalía de Castro que se atopa no lateral.


xoves, 14 de febreiro de 2013

UN AMOR DE CONTO

O mes de febrero é o mes do amor.
· Amor é  ese sentimento tan fermoso que debe estar presente sempre nas nosas vidas.
· Amor é querer aos demais e tratar de facerlles a vida máis agradable.
· Amor é  preocuparse da felicidade das persoas que nos rodean.

Se premes na imaxe para acceder ao blog Cantos Contos Contas e ver a actividade  proposta pola biblioteca.


sábado, 9 de febreiro de 2013

UN ENTROIDO DE CONTO

Xa levabamos varias semanas preparando o entroido. Pensando no traxe, nas cancións ... Foron días de moito traballo e ilusión. Aproveitamos para agradecer a colaboración das familias. 
PREME NA IMAXE
Ao longo de toda a semana fomos quentando motores de cara ao Entroido, así:
O luns pispireto
píntome o careto.
E todos e todas chegamos ao colexio coa cara pintada, cada un ao seu xeito. Pero isto non quedou aí:
O martes atrevido
un gorro divertido.
Que gorros máis chulos trouxeron algúns e algunhas! 
O mércores saboroso
algo no pescozo.
Menudas pintas empezábamos a ter xa, coa cara pintada, o gorro na cabeza e as bufandas, colares, garabatas... Pero aínda foi mellor ao día seguinte:
O xoves do revés 
trae algo nos pés.
Que divertido! Co calzado ou os calcetíns ao revés, un de cada cor. E por fín chegou o día:
O venres alegre e festivo
disfrázome e desfilo.

Este ano nos puxemos todos de acordo para vestirnos coma as personaxes dos nosos contos clásicos favoritos. E cos nosos flamantes traxes, saímos á rúa para comezar a celebración do Entroido co tradicional pasarúas que percorre o pobo ata o Concello. Coma sempre a nosa mascota PAPIRUS ía abrindo camiño.



Os máis pequeniños de tres, catro e cinco anos ían guapísimos cos seus traxes dos TRES PORQUIÑOS:

PREMEDE NAS IMAXES

Os rapaces e rapazas de primeiro levaban o seu traxe de PINOCHO e as mestras de GEPETTO.



Uns PETER PANS e unhas CAMPANIÑAS de segundo curso perseguidos por un improvisado  CAPITÁN GARFIO e o seu perigoso crocodilo. 



No segundo ciclo as nenas eran unhas BRANCANEVES moi especiais, os nenos ANANIÑOS e as mestras eran as malvadas MADRASTRAS.



O terceiro ciclo viaxou con ALICIA ata o país das marabillas. Non faltaba ninguén: O SOMBREREIRO TOLO, O COELLO, OS NAIPES, A RAÍÑA E O REY DE CORAZÓNS.




E despois do desfile o noso amigo o crocodilo agasallounos cuns doces, aínda que foi un pouco perigoso conseguilos. Que ben o pasamos! 




E para rematar, como en toda boa festa de Entroido,  non podían  faltar as filloas, as orellas e as flores.




Espero que sigades gozando do Entroido uns días máis.

sábado, 2 de febreiro de 2013

PROTEXEMOS A PAZ

O xoves 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ, aínda que todos e todas sabemos que a paz ten que durar todo o ano.
Despois de dúas semanas de preparación (ensaios de cancións, traballos para protexer a paz, lecturas de libros sobre o tema,...) por fin chegou o gran día. 
Neste video recollemos o acto que celebramos no patio do colexio e no que, coma sempre, participaron nenos e nenas de todos os ciclos lendo as súas mensaxes de esperanza.
A canción " O mundo é grande" de Mamá Cabra que se escoita de fondo, foi unha das elexidas este ano para cantar neste día, xunto con outra en inglés "One day" de Matisyahu.



Queredes escoitar como protexen os nosos rapaces e rapazas a paz? Neste outro video reflexan os seus desexos e esperanzas para que o mundo sexa un pouquiño mellor.



Dende a Biblioteca preparamos unha actividade para celebrar o día da paz que está relacionada co proxecto que estamos a traballar este ano "Os contos clásicos" e á que chamamos PAZCONTOS. Consistía en atopar solucións a través do diálogo aos problemas ou conflitos que xorden entre os diferentes personaxes dos contos tradicionais.