Este mes de novembro a rapazada de 3º visitou á aula de ciencias para realizar algúns experimentos.
O primeiro foi o de “Leite de cores” co que descubriron como as cores, ao tocalas cun isótopo mollado con xabón parecían estoupar.
Tamén xogaron coa electricidade estática: o que mellor funcionou foi frotar o globo cos pelos (sobretodo se eran longos!) e despois pegábanse os papeliños. ¡Que divertido!
Para finalizar, recortaron unha flor de papel, doblárona e ao métela na auga abría soa, foi espectacular!
Ningún comentario:
Publicar un comentario