venres, 10 de novembro de 2023

OS RÍOS DE GALICIA

Co gallo do MES DA CIENCIA EN GALEGO o venres 10 tivemos un obradoiro impartido por persoal de AUGAS DE GALICIA.

Primeiramente a científica da auga explicou as normas que se seguen normalmente nun laboratorio, e as que tería que seguir o alumnado durante a charla. Despois visionamos un conto onde coñecemos a Xistra, Unha gota de auga que foi a protagonista das actividades que realizamos.

Grazas a ela coñecemos a importancia de non construir nas beiras dos ríos e non desviar o seu cauce, xa que iso pode traer como consecuencia moitas das inundacións coma as que estamos a vivir estes días en Galicia e outros lugares de España, e que tamén observamos en diversos vídeos. 


Por outra banda, aprendemos a identificar as partes máis importantes do curso do rio e as fases do ciclo da auga, mediante unha maqueta e a axuda dalgúns voluntarixs.


Por último, realizamos un experimento con auga e fabas que nos axudou a comprender como os nutrintes se suxeitan á Terra, e fomos quen de contestar con pingas vermellas e verdes ás preguntas que fixo a científica.



Se premedes nas imaxes anteriores poderedes acceder a un pequeno video onde se visualiza o experimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario