venres, 13 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS

Ao longo deste mes, estivemos realizando diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Entre todos e todas realizamos un mural colaborativo que decoramos con poemas do homenaxeado, Manuel María. Participou todo o alumnado, dende infantil ata 6º de primaria.





Quedou chulísimo, non si ?

Ademais puxéronse como libros de lectura, para traballar nas aulas, libros de dito autor :
"Os bigotes de Mimí" en 1º e 2º e "Os soños na gaiola" en 3º, 4º, 5º e 6º. No Bibliocastelo temos un zona dedicada a este autor onde están expostos os seus libros máis importantes.
Tamén deu comezo esta semana o concurso que realizamos todos os anos sobre o autor homenaxeado, este ano : Que sabes de Manuel María? 


Xa vos iremos contando quenes son os gañadores e gañadoras.

E hoxe... por fin chegou o gran día! No Bibliocastelo e na compaña de Papirus, que quixo estar con nós nesta data tan sinalada, os nenos de 4º recitáronnos poemas e contáronnos co Kamishibai a biografía de Manuel María, que eles mesmos realizaron coa axuda dos seus compañeiros e compañeiras de 3º. Pola súa banda, o alumnado de 3º fixo o mesmo en infantil.








Se queres ver a representación completa preme no vídeo.

FIXÉRONO XENIAL !!! 
Ao rematar, nenos e nenas doutros cursos tamén leron fermosos e entrañables poemas  de Manuel María : A fala,  Galicia,  O melro,  A andoriña, ...
Despois cantamos entre todos o poema do Cuco, con música e voz de Suso Vaamonde.
Ao rematar na sala de usos múltiples visionamos un vídeo no que persoas coñecidas de diferentes ámbitos ( xornalistas, pintores, futbolistas... ), e incluso mamás dalgúns alumnos, nos contaban porque falan galego, o orgullosos e orgullosas que están de facelo e nos convidan e animan a que defendamos a nosa lingua  e que nunca deixemos de falala.
Ollade o vídeo !

Un broche de ouro para un gran día!


Se queres saber máis sobre como celebramos este día tan especial no noso cole, preme na seguinte imaxe.

           

1 comentario:

  1. Ana Barros14/05/16, 13:21

    A verdade é que este venres me sentín como unha ESTRELA de cine na saída do cole!
    Os peques da clase do meu fillo berrando:
    -Mamá de Brais, mamá de Brais!!! Vinte nun video!!!
    Incluso nenos e nenas de Primeiro e tamén de Cuarto.
    Moitos sorrisos xuntos nun só día! Unha auténtica gozada!!!
    Grazas profe Ami!

    ResponderEliminar