Dentro das actividades programadas para celebrar o DÍA DA PAZ, este ano, quixemos coñecer un pouco máis o traballo das ONGs.
Empezamos investigando co fin de saber que son, que funcións desenvolven, cantas hai e onde se atopan ... Elaboramos murais e fichas que están expostas nos corredores do colexio. Para rematar, a semana pasada, recibimos no centro a visita de varias delas:
- O 25 e 26 de Xaneiro o alumnado do 1º e 2º ciclo participou nun OBRADOIRO DE DIVERSIDADE CULTURAL levado a cabo por voluntarios e voluntarias da CRUZ VERMELLA. Tamén os mestres e mestras recibimos, a tarde do martes, un obradoiro sobre os mesmos contidos, co obxectivo de fomentar no noso alumnado valores de tolerancia e respecto. Aquí vos deixo os enlaces:
CRUZ VERMELLA CO PRIMEIRO CICLO
CRUZ VERMELLA CO SEGUNDO CICLO
- O 28 de Xaneiro o alumnado do 3º ciclo recibiu a visita do director e o psicologo da aldea infantil de Redondela que pertence á ONG ALDEAS INFANTILES SOS. Foi unha charla interesantísima na que nos falaron dos nenos e nenas que viven con eles, como se organizan, que tipo de actividades fan ... Enlaza co blog de Dinamización para saber máis:
Ningún comentario:
Publicar un comentario