domingo, 6 de febreiro de 2011

LUIS DAVILA E A IGUALDADE NO TRABALLO

O martes 1 de febreiro Luis Davila estivo no noso cole co alumnado do 3º ciclo. Este fantástico debuxante de tira cómica dounos unhas orientacións para participar no concurso de Viñeta e Ilustración "A igualdade no traballo" convocado polo Concello de Bueu para conmemorar o Día da Muller Traballadora (8 de marzo).

Plantexounos idear unha viñeta de medio folio sobre as dificultades que pode atopar a muller no mundo do traballo, os atrancos para acceder a postos de responsabilidade, o problema do salario (en moitos traballos as mulleres cobran menos que os homes), o "moving" ou acoso laboral, a conciliación da vida familiar e laborar. Reflexar o feito de que debe haber resparto das tarefas no fogar, que o traballo debe ser compartido.
Estes serían algúns exemplos de viñetas que él mesmo debuxou:








Ensinounos como debuxar as caras e as expresións (contento, triste, enfadado, sorpresa...) e a facer caricaturas.
É incrible a facilidade coa que ilustra e reflexa os sentimentos a través dos trazos.
Moitas grazas Luis polos teus consellos e polo teu tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario