martes, 5 de abril de 2011

ANA ALONSO E OS SEUS BIBLIONAUTAS

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa presenza de ANA ALONSO na nosa biblioteca. Chegou a primeira hora da mañán para pasar un tempo cos nenos e nenas do 1º ciclo.
Contounos moitas cousas interesantes sobre a súa vida. Falounos da súa gran aficción á lectura que lle ven dende que era moi pequena porque aos seus pais tamén lles gustaba ler e tiñan moitos libros na casa. " Cando les moito se che dispara a imaxinación"
Empezou a escribir con 9 anos, na revista escolar do seu colexio, que por aquela época se facía con xelatina non comestible.
Con 19 anos, mentras estudaba Bioloxía, presentouse a un concurso de poesía, conseguindo así que lle publicaran o seu primeiro poemario.
Pero o seu primeira novela pertence a colección "La llave del tiempo" e se titula "LA TORRE Y LA ISLA"
Presentounos a uns viaxeiros moi especiais "OS BIBLIONAUTAS" que son catro personaxes moi especiais da colección PIZCA DE SAL, que nos axudan e facilitan a lectura:
LUNILA: é a capitana e organizadora das viaxes aos libros.
MAGNUM: é un rato de biblioteca con gafas que se alimenta lendo libros, por iso sabe moitas cousas e resolve todas as dúbidas dos seus amigos e amigas.
KAPEK: é un robot cadrado que almacena toda a información sobre o significado das palabras, pero que ten un defecto, toma todo ao pé da letra e cre todo o que le nos libros.
PIZCA: é o que máis disfruta lendo pero tamén ten un problemiña, escápanselle os recordos e esquece de que tratan os libros que le.
Entre todos axudamoslle a recordar o argumento dos libros que estivemos lendo "LOS DUENDES DEL OTOÑO" e "BLANCANIEVES EN LA CIUDAD" e amosámoslle os nosos traballos e murais feitos a partir dos seus libros.
Antes de rematar pediunos que lle ilustrásemos unha postal para levar un recordo noso. Foi moi divertido!

Tamén os e mozas de 6º tiveron a fortuna de participar na visita de Ana Alonso. Están lendo os libros da colección LA LLAVE DEL TIEMPO da que comparte autoría con Javier Pelegrín. Trátase dunha serie de carácter futurista, na que cinco adolescentes, catro deles cun sistema inmunolóxico fora do común, toman a iniciativa e implícanse nunha realidades que a priori parece quedarlles demasiado grande.
Neste tempo que tan xenerosamente nos brindou, explicounos cuestións importantes sobre a composición desa realidade para a que se basearon en conceptos arquitectónicos e científicos, ademáis dos seus coñecementos de bioloxía.


Gozamos moito coa súa presenza e dende o Ceip A Pedra dámoslle as grazas e convidámola a voltar á nosa biblioteca.


Ningún comentario:

Publicar un comentario