domingo, 10 de abril de 2011

ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Vense de celebrar os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010/2011 no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os días 7 e 8 de Abril.
Os que xa levamos uns anos pertencendo a este, cada vez máis numeroso grupo, asistimos só o segundo día, venres.
Inaugurou as sesións o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez e o primeiro relatorio "Avaliar para avanzar. Prácticas de autoevaluación na biblioteca escolar" estivo a cargo de Teresa Mañá e Mónica Baró que forman parte dun equipo de expertas que traballan en diferentes proxectos sobre Bibliotecas Escolares.
A continuación houbo unha presentación de experiencias en sesións simultáneas baixo o lema:
"LITERATURA EN IMAXES. CINE E BANDA DESEÑADA", como se trataba de escoller asistimos a un percorrido pola historia do comic dende os seus comenzos da man de KIKO DA SILVA.
A primeira hora da tarde reunímonos coa Asesora de Bibliotecas da zona de Pontevedra e visitamos a exposición de traballos dos distintos centros asistentes.
Para clausurar a xornada compartimos tempo cun grande das letras XOSÉ NEIRA VILAS que nos falou de LIBROS E LECTURA NA XENTE NOVA. Estivo sublime, entrañable e fantástico contándonos a súa traxectoria vital, da man da súa inolvidable Anisia.


Se queredes obter máis información e seguir os distintos relatorios e experiencias premede no seguinte enlace e entrade como convidados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario