Dende hai 44 anos, cada 2 de abril se celebra o Día Internacional do Libro Infantil. A data recorda o nacemento de Hans Christian Andersen coñecido por historias como “O patiño feo”, “A sirenita", "O soldadiño de chumbo", etc .
Cada ano, un país membro do IBBY é o responsable de elaborar o cartel conmemorativo e de escribir unha mensaxe dirixida aos nenos do mundo.
Este ano é o turno de Estonia. Así o cartel foi creado polo pintor e artista gráfico Jüri Mildebergius e a mensaxe escrita por Aino Pervik, ambos orixinarios de Estonia.
Preme nos títulos para ver os contos: O patiño feo, A vendedora de fósforos e O soldadiño de chumbo.
Aquí tendes un video moi interesante sobre HANS CHRISTIAN ANDERSEN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario