martes, 28 de abril de 2026

XOGAMOS COA ROBÓTICA NO BIBLIOCASTELO

 Quen dixo que aprender programación é aburrido? O noso alumnado de 6º e 5º tivo a oportunidade de asistir de xeito voluntario a experimentar coa robótica durante varias sesións en horario de recreo.


A profe Susana foi a encargada de dirixir esta actividade que tivo bastante éxito e que continuará nas próximas semanas convidando a outros niveis.

Aquí vos deixo algunhas imaxes dos asistentes:








luns, 20 de abril de 2026

O NENO DE LUME NO CLUB DE PAPIRUS

Hoxe tivemos reunión do noso Club de lectura no Bibliocastelo. Falamos de O neno de lume de Ledicia Costas, premio Merlín que nos gustou moito. 

Os nenos e nenas destacaron que é unha lectura fácil e que lles encantou o aire de conto clásico da historia.

Seguimos lendo e gozando xuntos dos libros!!!

mércores, 15 de abril de 2026

ABRIL, MES DO LIBRO

 Boas amiguiños e amiguiñas:

Para este mes dos libros traivos unha proposta que agardo vos guste. Gustaríame que me recomendasedes as miñas próximas lecturas así que poñédevos creativos e a traballar. Escollede o formato que mellor se adapte aos vosos intereses: papel, dixital, podcast...


Como vedes eu tamén estiven traballando e prepareivos uns marcapáxinas moi chulos para que levedes con cada empréstito durante este mes de abril. Animádevos a coleccionalos todos!!!