martes, 31 de marzo de 2026

MELLORES LECTORES DO SEGUNDO TRIMESTRE

 Rematamos o segundo trimestre coa entrega de agasallos aos mellores lectores e lectoras:

1º PREMIO: Uxía Loira de 6º de infantil

2º PREMIO: Hugo Martínez de 2º de primaria.

3º PREMIO:  Hodei Juncal de 4º de primaria.

4º PREMIO: Luca de Montis de 6º de primaria



Noraboa a todos e todas e a seguir gozando dos libros!!!

xoves, 19 de marzo de 2026

A LECCIÓN DE AUGUST

Na nosa última reunión do club de lectura vivimos unha sesión moi especial. Comentamos o libro La lección de August, que nos emocionou moitísimo a todos e todas. A historia de August tocounos o corazón e fixo que reflexionásemos sobre a empatía, o respecto e a importancia de aceptar as diferenzas.

Gustounos tanto que entrou directamente no ránking dos nosos libros favoritos, compartindo o primeiro posto con El valle de los lobos. Dous libros moi distintos, pero igual de especiais para nós.

Ademais, nesta sesión tamén gravamos na radio un programa que prepararamos na reunión anterior. Nel recomendamos estes libros e animamos a outras persoas a descubrir historias que nos fan sentir e pensar.