Hoxe tivemos no Bibliocastelo a Inacio, que nos veu contar contos de animais, mais concretamente contos de burros: burros domésticos e burros salvaxes.
Había un burro que non sabía o que era, cantante, canguro, ministro ...
Tamén había un lobo patoso que non asustaba a ninguén, e un tigre de bengala.
Coa súa guitarra que era moi pequeniña cantamos a canción do burro que estaba enfermo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario