Onte, dúas colaboradoras da biblioteca, Luna e Antía foron a Galescola a contarlles un conto aos cativos e cativas.
Representaron co Kamishibai unha adaptación do conto de Carapuchiña Vermella, que elas mesmas realizaron coa axuda doutros axudantes de Papirus.
Fixeron dúas sesións : unha para os bebés e outra para os nenos e nenas de dous anos.
Quedaron abraiados co Kamishibai.
Tiveron unha colaboradora moi especial, Candela, que non se separou nin un momento delas. Tamén quería contar un conto e intentouno. Ollade as imaxes!
Quería marchar con elas para o cole dos maiores.
Gustoulles moito o conto, quedaron con ganas de máis e ao rematar gritaron: outro, outro!!!
Despedíronnas con moitos bicos.
Elas, prometéronlles que ían volver con máis historias. Quedáronlles ganas de repetir, xa que foi unha experiencia incrible e moi satisfactoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario