Mateo de 1º A presentounos a Marta, a súa mamá que nos contou dous dos seus libros preferidos :
"Quiero una mamá robot" da editorial Laberinto. Un libro chulísimo cunha entrañable historia. A medida que vas escoitando o conto vas cambiando de parecer, así ao principio todos queríamos ter unha mamá robot como a do libro pero logo...vai ser que non! Preferimos ás nosas mamás!!
Logo contounos "Perdido?" da editorial Patadepeixe. Este libro trata dun pingüín que se sentía moi só e viaxou dende a Antártida na procura de amigos. Ao final conseguiuno!
Dende aquí queremos darlles as grazas a Mateo e a Marta por compartir con todos nós os seus libros favoritos.
MOITAS GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario