venres, 29 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO

Co gallo do Día do Libro, ao longo desta semana levamos a cabo varias actividades  relacionadas con esta data :
 CERVANTES
Para conmemorar o 4º centenario do pasamento de Miguel de Cervantes, desenvolvemos varias actividades destinadas a coñecer a relevancia deste escritor para a literatura española  :
 
* Exposición no Bibliocastelo de diferentes adaptacións da súa novela máis universal, "Don Quijote de la Mancha".

 
* Lecturas dramatizadas de fragmentos máis significativos.
 
* Elaboración de muráis a gran escala dalgúns dos seus personaxes máis coñecidos. Ollade que ben traballaron os nenos e nenas de infantil !



En primaria tamén os fixeron.



 
* Visualización dun fragmento do primeiro capítulo de "Don Quijote", para comentar as características das expresións propias da época.
 
* Realización de actividades interactivas a través de diversos blogs.
 
* Visita ao IES Johan Carballeira dos alumnos e alumnas de sexto para realizar diversas actividades relacionadas con Cervantes. Cubriron un cuestionario con preguntas sobre "El Quijote" cuxas respostas tiñan que atopar nos paneis da exposición que había sobre dito escritor. Despois asistiron a unha representación teatral dun fragmento de "Don Quijote". Tamén opinaron sobre esta obra e as súas opinións as colocaron nun panel da exposición. 
 
INVESTIGACIÓN SOBRE JULES VERNE
Na hora de biblioteca a rapazada, desde infantil ata sexto de primaria investigou sobre a vida e obra  do célebre escritor de ciencia-ficción, Jules Verne. Logo sintetizaron  nunha ficha (adaptada a cada nivel) toda a información obtida nas súas pescudas. Mentres uns buscaban información nos ordenadores, outros xogaban cun loto de memoria que confeccionamos cos títulos das obras de Verne. Este xogo tamén está adaptado por niveis, os máis cativos asociaban a imaxe da portada con outra imaxe igual e os maiores, imaxe con etiqueta, traballando así a formación de usuarios.



 
OBRADOIRO "MARCAPÁXINAS ESPACIAL"
Na hora do recreo, todos os días desta semana, realizouse no Bibliocastelo un obradoiro de marcapáxinas. Encargáronse de levar a cabo e organizar esta actividade os alumnos e alumnas de sexto que colaboran coa biblioteca. Tamén contaron coa axuda do grupo de mamás colaboradoras.
Foi unha actividade voluntaria e acudiu todo o alumnado que quixo. Cada un decorou o seu marcapáxinas ao seu gusto.




Velaí tedes o resultado!
 
Foi unha semana moi, pero que moi intensa!!!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario