xoves, 20 de xuño de 2019

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL E LECTURA EXPRESIVA

Estamos de noraboa! No mes de maio fomos un dos dez centros seleccionados polo traballo desenvolvido polo voluntariado de lectura, convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, dentro do Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias. Preme na imaxe do lado para ler o texto da resolución.
O noso centro foi seleccionado no apartado de VOLUNTARIADO DE LECTURA-A, destinado a incentivar o voluntariado cultural relacionado coa lectura entre o alumnado de quinto e sexto. Foi un premio ao labor desenvolvido polos nosos voluntarios e voluntarias de sexto que colaboran coa biblioteca.
Noraboa rapaces e rapazas, fixestes un gran traballo!!
Hoxe, recibimos o agasallo por este premio, un obradoiro de narración oral e lectura expresiva, que dirixiu Charo Pita. Como a rapazada de sexto estaba de excursión de fin de curso, os que gozaron del foron un grupo de alumnos e alumnas de quinto que o vindeiro curso tamén serán axudantes de Papirus.
O obradoiro foi ameno, divertido e moi enriquecedor e interesante. Durante máis de dúas horas os rapaces e rapazas, dirixidos por Charo, aprenderon truquiños para mellorar a súa oralidade e a lectura en voz alta. Pasárono xenial! Ollade!










































Moitísimas grazas as autoridades , organismos e todas as persoas que forman parte deles, por concedernos este obradoiro  (Bibliotecas Escolares, Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos...), e en especial a Charo Pita por compartir un anaquiño do seu tempo e os seus coñecementos con nós. 
Grazas Charo, cando queiras pásate polo Bibliocastelo. Recibirémoste cos brazos abertos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario