mércores, 9 de outubro de 2013

A POESÍA GALEGA ESTÁ DE NORABOA!!!


Preme na imaxe
Manuel Álvarez Torneiro, escritor galego vinculado ao xornal A Voz de Galicia, ven de gañar o Premio Nacional de Poesía 2013 coa súa obra "Os ángulos da brasa" publicada na colección Tambo, da Factoría K (Kalandraka) .

Este libro xa fora recoñecido co Premio da Crítica de Poesía galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co Premio Ánxel Casal da AGE (Asociación Galega de Editores) e co premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012.
Preme na imaxe
Leva publicados uns 13 poemarios máis, entre os que destacan "Memoria dun silencio" (1982),  "Rigorosamente humano" (1995) e "Luz de facer memoria" (1999).


Conta tamén con outros galardóns como o Premio Esquío (1994), o González Garcés (gañado en dúas ocasións nos anos 1998 e 2000) e o Premio da Crítica Española (1999); tamén foi nomeado socio de honra da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)


Vaian dende aquí os nosos parabéns ao poeta, a factoría K e á poesía galega! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario