martes, 19 de xullo de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS I

Durante este curso, as MOCHILAS VIAXEIRAS percorreron de novo, os fogares dos nosos alumnos para achegar ás familias un anaquiño da nosa biblioteca. 
Dende aquí queremos agradecer a boa acollida que segue a ter esta iniciativa en toda a Comunidade Escolar e que se pon de manifesto a través dos escritos e debuxos que se poden ver nos diarios.
En agradecemento ao traballo e esforzo realizado polo noso alumnado e as súas familias iremos publicando neste blog algunhas das vosas observacións e opinións  e algún debuxo dos moitos que nos fixestes chegar.

“Esta experiencia aparte de acercarlos al maravilloso mundo de los libros les acerca a los padres y viceversa. A ellos les encanta ese tiempo de dedicación exclusiva hacía ellos mientras les lees un cuento.”


“O que máis me gusta desta aventura da Mochila Viaxeira e a cara de felicidade que se lle queda a nosa pequerrecha, a súa satisfacción e as súas ganas de coñecer e ler.”

“ Non nos gustaba nada  ler, como moito a prensa, e con esto da mochila estamos colléndolle gusto á lectura”

Ningún comentario:

Publicar un comentario