Co gallo do noso proxecto sobre as olimpiadas e o deporte, a rapazada de 4º recibiu esta semana a visita de 3 membros do clube de atletismo de Bueu, Corredoiras.
Falounos dos valores do deporte: Tenacidade, Superación, Compañerismo, Esforzo ...
Contounos que practicar o atletismo é moi sacrificado para el e para a súa familia porque se pasa moitas horas adestrando. Pola contra este deporte permitiulle coñecer a moita xente e diferentes lugares.
Gústalle ir ás maratóns e adoita facelo unha vez ao ano.
O maratón de Sevilla rematouno cunha marca de 2 horas e 30 minutos! UNHA MARCAZA!
Mostrounos as zapatillas coas que corre. Puidémolas tocar e comprobar que eran moi lixeiras
Por último, agasalláronnos con camisetas, tazas e asinaron autógrafos ademáis de sacarse unha foto de grupo. Foi unha aprendizaxe fantástica!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario