luns, 27 de outubro de 2025

RECREOS DE CONTO

As miñas axudantes son moi creativas e por iso decidiron crear unha historia de Samaín, con bruxa e canción de TIK TOK incluídas. 

Convidaron ao alumnado de 1º e 2º o mércores 21 de outubro.

Aquí vos deixo unha mostra da súa interpretación que espero vos guste moito:



mércores, 22 de outubro de 2025

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O venres 24 de outubro e un día moi especial para min. Por unha banda celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e por outra é o MEU ANIVERSARIO. Non me preguntedes cantos anos cumplo porque son tantos xa que non levo a conta.

Gustaríame conmemorar con vos esta data e por iso vos convido ao meu BIBLIOCASTELO, aquí vos deixo a invitación e lembrade que non é preciso traer agasallo.
Teño preparadas moitas actividades para vós. Para empezar os meus axudantes de 6º de primaria queren darvos a benvida a un novo curso e presentarvos o proxecto para este ano "A PUBLICIDADE" cun video onde nos ensinan todos os recunchos do BIBLIOCASTELO:


Ademais, nos próximos días ides recibir a visita dos compañeiros/as que vos van apadriñar e amadriñar con poemas e lecturas compartidas. Agardo que gocedes de tan boa compañía por partida doble: libros e amigos/as!!! 

Xa tendes o novo marcapáxinas ? A que esperas para personalizalo e decoralo ao teu gusto?

luns, 20 de outubro de 2025

AS NOSAS PRIMEIRAS LECTURAS

No CLUB de Papirus van participar 12 nenos e nenas de 5º e 6º de primaria e dicidimos dividir en dous grupos polo que imos comezar con dous libros:

QUECO E KIKA de Eva Mejuto, ilustrado por Paula Cheshire, da colección Merlín , Xerais. 

Unha novela chea de humor sobre a convivencia e o amor aos animais, que mereceu o VIII Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil pola igualdade.

LAS HERMANAS INVIERNO de Joland C. Bertrand e que foi Premio Librarías Quebec 2023.

Unha novela de aventuras inspirada na mitoloxía nórdica e no folclore escandinavo, ambientada nos bosques boreais e no Norte máis máxico, deuses tramposos, pícaros trols, festas de Yule e animais misteriosos...


Teñen boa pinta, non si???


domingo, 12 de outubro de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS (13 de outubro)

 O luns 13 de outubro celébrase a X edición do DÍA DAS ESCRITORAS e como sempre xa temos preparada a nosa exposición de libros en galego das nosas escritoras preferidas.


Anímate a levar algún en empréstito para ler na casa!!!

Dende Bibliotecas Escolares nos chega o cartel conmemorativo co lema deste ano "1975, ESCRIBIDE COMPAÑEIRAS" unha reivindicación do legado das escritoras ao longo da historia:

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

Tamén nos deixan unha proposta de textos en galego, mantendo a ortografía orixinal do momento histórico no que foron creados para reflexar as dificultades de escribir en galego nesa época.

SELECCIÓN DE TEXTOS EN GALEGO

E agora sodes vos os encargados/as de darlle visibilidade as nosas escritoras galegas a través da lectura dos seus libros e de todas as actividades que faredes na aula coas vosas titoras/es. Compartide conmigo algunha imaxe deses momentos que tamén formarán parte da nosa historia.

mércores, 8 de outubro de 2025

O CLUB DE PAPIRUS

 Estamos dando os primeiros pasos para crear o CLUB DE LECTURA do Bibliocastelo A Pedra:

1º Escollemos un nome para o noso club e creamos un logo:

2º Reunínonos para concretar quen quere formar parte do club entre o alumnado de 5º e 6º e que libros nos gustaría ler 

3º E por último,  mercamos os libros elixidos para comezar a gozar do pracer da lectura.

ATA MOI PRONTO!!!



mércores, 1 de outubro de 2025

BENVIDOS/AS UN ANO MÁIS AO BIBLIOCASTELO

 Ola amiguiños/as:

Empeza un novo curso e o noso Bibliocastelo volve cobrar vida. 



E como non podía ser doutra maneira, as nosas mochilas viaxeiras énchense de lecturas rumbo aos vosos fogares de novo.

Como podedes observar este ano estamos de estrea, MOCHILAS NOVAS, e chaveiro identificativo novo tamén, feito coa nosa impresora 3D. Agardo que sexa do voso gusto e sobre todo desexo que TEÑADES MOI BOAS LECTURAS.

TRÍPTICO INFORMATIVO

Coñeces ben o BIBLIOCASTELO? Para que o saibas todo e non te perdas nada,  aquí tendes unha pequena guía en forma de tríptico: