No CLUB de Papirus van participar 12 nenos e nenas de 5º e 6º de primaria e dicidimos dividir en dous grupos polo que imos comezar con dous libros:
QUECO E KIKA de Eva Mejuto, ilustrado por Paula Cheshire, da colección Merlín , Xerais.Unha novela chea de humor sobre a convivencia e o amor aos animais, que mereceu o VIII Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil pola igualdade.
LAS HERMANAS INVIERNO de Joland C. Bertrand e que foi Premio Librarías Quebec 2023.Unha novela de aventuras inspirada na mitoloxía nórdica e no folclore escandinavo, ambientada nos bosques boreais e no Norte máis máxico, deuses tramposos, pícaros trols, festas de Yule e animais misteriosos...
Teñen boa pinta, non si???



Ningún comentario:
Publicar un comentario