xoves, 19 de marzo de 2026

A LECCIÓN DE AUGUST

Na nosa última reunión do club de lectura vivimos unha sesión moi especial. Comentamos o libro La lección de August, que nos emocionou moitísimo a todos e todas. A historia de August tocounos o corazón e fixo que reflexionásemos sobre a empatía, o respecto e a importancia de aceptar as diferenzas.

Gustounos tanto que entrou directamente no ránking dos nosos libros favoritos, compartindo o primeiro posto con El valle de los lobos. Dous libros moi distintos, pero igual de especiais para nós.

Ademais, nesta sesión tamén gravamos na radio un programa que prepararamos na reunión anterior. Nel recomendamos estes libros e animamos a outras persoas a descubrir historias que nos fan sentir e pensar.



venres, 20 de febreiro de 2026

FERIÓPOLIS NO CLUB DE LECTURA DE PAPIRUS

 Esta semana reunímonos para comentar o libro FERÓPOLIS de Ledicia Costas. Gustounos moito a historia, os seus personaxes e o mundo tan sorprendente que crea a autora.


Ademais, nos atrevemos a gravar na radio do cole contando a nosa experiencia e recomendando algún libro aos compañeiros/as. 

Foi unha actividade moi divertida

luns, 26 de xaneiro de 2026

FORMACIÓN RADIO ESCOLAR

 O luns e martes 19 e 20 de xaneiro tivemos a sorte de contar no Bibliocastelocon Gabriel Paz que veu traballar na radio co alumnado de 5º de primaria. 

 Que aprendeu o noso alumnado? Pois primeiro a traballar en equipo e a dar o paso de poñerse á fronte dun micrófono e tamén formáronse nas nocións básicas de radio e podcast, así como das súas diferenzas.
  
Realizaron un guión e a escaleta do programa de radio e aprenderon as nocións básicas sobre a locución e as súas técnicas.

 Practicaron a captación sonora e entenderons os planos sonoros ademais dunhas nocións básicas sobre a utilización dunha mesa de mesturas. 
 
 Gravaron dixitalmente na computadora e editarons cabeceiras, cuñas e fondos musicais.
 

Cales foron os resultados?
O alumnado de 5º-A elaborou un programa deportivo titulado “Os deportistas récord”. O programa
estrutúrase en dúas partes principais, encabezadas e pechadas por unha benvida e unha despedida.
Bloque 1: Neste primeiro bloque resúmense xornadas deportivas. Neste caso, o enfrontamento entre o
Bueu Atlético Balonmán e o San Bartolomeu de Moaña.
Bloque 2: Entrevístase a Fran Loira e Elsa Martínez, alumnado do colexio que dedica o seu tempo libre á natación.


O alumnado de 5º-B elaborou un programa musical titulado “Tolos pola música”. O programa estrutúrase en dúas partes principais, encabezadas e pechadas por unha benvida e unha despedida.
Bloque 1: Neste apartado o alumnado recomenda cancións ás persoas oíntes.
Bloque 2: O alumnado entrevista a cantantes famosos. Neste caso, dúas alumnas fanse pasar por Karol G e Shakira.