O luns e martes 19 e 20 de xaneiro tivemos a sorte de contar no Bibliocastelocon Gabriel Paz que veu traballar na radio co alumnado de 5º de primaria.
Que aprendeu o noso alumnado? Pois primeiro a traballar en equipo e a dar o paso de poñerse á fronte dun micrófono e tamén formáronse nas nocións básicas de radio e podcast, así como das súas diferenzas.Cales foron os resultados?
O alumnado de 5º-A elaborou un programa deportivo titulado “Os deportistas récord”. O programa
estrutúrase en dúas partes principais, encabezadas e pechadas por unha benvida e unha despedida.
Bloque 1: Neste primeiro bloque resúmense xornadas deportivas. Neste caso, o enfrontamento entre o
Bueu Atlético Balonmán e o San Bartolomeu de Moaña.
Bloque 2: Entrevístase a Fran Loira e Elsa Martínez, alumnado do colexio que dedica o seu tempo libre á natación.
O alumnado de 5º-B elaborou un programa musical titulado “Tolos pola música”. O programa estrutúrase en dúas partes principais, encabezadas e pechadas por unha benvida e unha despedida.
Bloque 1: Neste apartado o alumnado recomenda cancións ás persoas oíntes.
Bloque 2: O alumnado entrevista a cantantes famosos. Neste caso, dúas alumnas fanse pasar por Karol G e Shakira.






Ningún comentario:
Publicar un comentario