Na biblioteca descubrimos, investigamos e experimentamos!!!
Chega novembro MES DA CIENCIA e queremos converter o Bibliocastelo nun pequeno laboratorio científico, un espazo onde a curiosidade sexa a protagonista porque a ciencia tamén se le, se conta, se pregunta e se experimenta...
A través de lecturas científicas, libros informativos, xogos de enxeño e experimentos achegarémonos ao mundo da ciencia.
Se queredes saber máis, premede nesta imaxe:
Porque na biblioteca tamén se fai ciencia... e en galego sabe aínda mellor!!!


