mércores, 22 de xaneiro de 2025

FOLIADA PANDERETEIRAS QUINTA FERREÑA

 ASDGAGO venres 20 de xaneiro gozamos no BIBLIOCASTELO dunha folíada exclusiva!!! Visitáronnos as PANDERETEIRAS do grupo QUINTA FERREÑA!!!

Non puideron vir todas por motivos de traballo pero estaban unhas cuantas acompañadas do Mestre Pandereteiro.

Explicáronnos que este ano váiselle dedicar o Día das Letras Galegas ás pandereteiras porque Elas coidaron e transmitiron as cantigas da nosa cultura popular ao longo de moitos anos e grazas a Elas, hoxe podemos coñecer esas composcións e cantalas todxs xuntxs.

Rubén, o mestre pandereteiro, contounos moitas curiosidades, como a orixe do propio instrumento (ao principio usaban unhas peneiras de tamaño grande e menos manexable chamadas pandeiras); ou que en cada zona de Galicia se tocaba dun xeito diferente; ou que, antigamente, xs veciñxs das aldeas se xuntaban para poder bailar e divertirse. Mentres dúas ou tres mulleres tocaban a pandeireta e cantaban xs demais veciñxs bailaban.

Logo de actuaren, responderon moi amablemente as nosas preguntas. Contáronnos porq uqe razón se animaron a formar o grupo (maiormente porque lles gusta moito cantar e porque era un desexo de mocidade que, por cousas da vida, foran adiando), por que decidiron chamarse QUINTA FERREÑA; onde ensaian ou en que festas actúan.

Compartiron con nós un anaco precioso cheo de música e ledicia coas súas pandeiretas e as súas voces! Antes de rematar cantamos con Elas "Ven bailar Carmiña" e "A saia da Carolina".

Foron moi xenerosas e pacientes con nós e convidámolas a participar na nosa 1ª Romaría de A Pedra.

 


sábado, 21 de decembro de 2024

UNHA ENXEÑEIRA DE SILICON VALLEY NO BIBLIOCASTELO

Durante o mes de novembro, o alumnado de 3º estivo investigando a Miriam Pena Villanueva, veciña de Bueu que actualmente traballa como enxeñeira informática en Silicon Valley, California, no edificio META.

O último día de clase previo ás vacacións de Nadal, tivemos o pracer de acollela no BIBLIOCASTELO, aproveitando que ía pasar as festas na nosa vila de Bueu 

Foi incrible poder coñecela despois de ter investigado tanto sobre ela durante este primeiro trimestre! Chegou ao noso cole acompañada da súa filla, Emma, e nos fixeron unha presentación preciosa.

Faláronnos de como é a paisaxe e o clima en California. Da súa vida en San Francisco. Con que animais conviven (tiburóns, mapaches, mofetas ou esquíos), como é o cole a onde vai Emma, como son os restaurantes ou que hai coches que circulan sen condutor!

Miriam traballa actualmente en Silicon Valley, no edificio Meta pero antes estivo en Exipto, Suecia ou Irlanda. Esta bueuesa leva a nosa vila no corazón e sempre que pode volve de visita.

Emma ensinounos e regalounos o libro que escribiu o seu avó, no que ela é a protagonista.

Nós tamén a agasallamos cun libro para que se enganche á lectura en castelán e galego. E Miriam emocionouse cando lle entregamos a árbore xenealóxica da súa familia, feita por Arturo Sánchez Cidrás.

 


MOITAS GRAZAS!!!

xoves, 19 de decembro de 2024

VISITA DE ANXO GONZÁLEZ

Co gallo do noso proxecto sobre as romarías, esta semana tivemos a sorte de recibir a Anxo González, avó do noso alumno Aldán no BIBLIOCASTELO. 

Falounos dos xogos tradicionais que se facían nas romarías aos que xogaba na súa infancia, empezando pola palla do nó para dicir a quen lle tocaba ser o primeiro. Seguingo coa billarda ou estornela, quen a tiraba máis lonxe gañaba un punto e se acertaban a distancia, outro punto. Para medir as distancias empregaban paus!

Outros xogos que lle gustaban eran: a corrincha ou o aro, as buxainas, facer teléfonos con latas e xogos de palabras como as adiviñas.

MOITAS GRAZAS POR VIR E COMPARTIR!!!