Por fin chegou o gran día, o último de día de cole e o comezo das vacacións de verán. Eu estou bastante triste por non poder despedirme de vós como a min me gustaría, cunha fortísima aperta, desas que te deixan sen alento. Pero bueno, tamén sei que o verán pasa axiña e dentro de nada xa estades outra vez rebulindo polos corredores e fedellando na miña casa, no Bibliocastelo.
Antes de despedirme, máis que unha despedida e un "ata dentro dun anaco", quero darvos un agasallo a vós e as vosas familia, que o tedes moi merecido. Estou moi orgulloso de vós!
Ollade!
Dos que si me teño que despedir e me dá moita mágoa é da rapazada de 6º. En setembro comezarán unha nova etapa noutro centro. Moita sorte rapaces e rapazas! Moitas grazas por ser os meus axudantes este ano!! E xa sabedes onde estou, vinde visitarme de cando en vez. A miñ a casa e tamén a vosa casa! Vouvos botar moito de menos!!
Xa sabedes...Mañá máis cousas.
Biquiños e unha forte aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario